A Xunta e a Fundación MOP convocan bolsas no estranxeiro para estudantes de fotografía das escolas de arte e superiores de deseño

Imagen del artículo A Xunta e a Fundación MOP convocan bolsas no estranxeiro para estudantes de fotografía das escolas de arte e superiores de deseño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Catro alumnos poderán participar nun programa educativo na Fundación Sozzani de Milán durante os meses de setembro a decembro deste ano
  • A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, coñece aos bolseiros do curso pasado na EASD Pablo Picasso da Coruña

A Coruña, 8 de maio de 2024

A Xunta de Galicia apoia a formación do alumnado de fotografía das escolas de arte e superior de deseño de Galicia con estadías de formación no estranxeiro para que completen os seus estudos. Concretamente, estas bolsas están dirixidas a estudantes que finalizaran o segundo curso do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía nalgunha das catro escolas de Galicia.

Esta convocatoria, que se realiza en colaboración coa Fundación MOP, outorgará catro bolsas de estudo -unha por cada escola- na Fundación Sozzani de Milán, incluíndo viaxe, aloxamento, programa educativo e manutención entre setembro e decembro deste ano. As persoas seleccionadas desenvolverán un proxecto fotográfico baixo a supervisión de titores, tendo posibilidade de acceder a clases maxistrais con fotógrafos relevantes, participar en eventos e actividades da propia fundación, así como asistir ao festival PhotoVoque.

Así mesmo, os bolseiros realizarán unha viaxe académica e cultural a cidades como París ou Roma, desenvolvendo actividades en colaboración con escolas de arte, imaxe e fotografía francesas e italianas.

Segundo ano da iniciativa

Con este motivo, a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, e as representantes da Fundación MOP, Raquel Delgado e Leticia Castromil, visitaron a Escola EASD Pablo Picasso da Coruña onde mantiveron un encontro con todos os alumnos do último curso de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía das catro escolas para dar a coñecer este programa.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP aproveitou para coñecer aos tres bolseiros que gozaron da estadía o curso pasado, ano no que se estreou esta convocatoria. Esta é unha das bolsas que integran o amplo programada do que dispón a Xunta de Galicia en materia de mobilidade para que o alumnado galego complete os seus estudos fóra do país.

Solicitudes do 1 ao 22 de xullo

Os estudantes que queiran optar a estas bolsas poden consultar as bases no Portal Educativo e solicitalas no prazo do 1 ao 22 de xullo. Para poder acceder a elas, deben estar matriculados este curso 2023/24 no segundo curso do ciclo de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía nalgunha das catro escolas de arte galegas -Pablo Picasso da Coruña, Mestre Mateo de Santiago, Antonio Failde de Ourense e Ramón Falcón de Lugo- e  ter superado integramente o primeiro e o segundo curso.

Ademais, teñen que aportar certificación dun nivel de competencia lingüística B2 ou superior en lingua inglesa e o currículum vítae acompañado de documentación gráfica relativa a un proxecto de fotografía.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24139 {"title":"A Xunta e a Fundación MOP convocan bolsas no estranxeiro para estudantes de fotografía das escolas de arte e superiores de deseño","published_date":"2024-05-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/88255-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"24139"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-07/24139-xunta-e-fundacion-mop-convocan-bolsas-estranxeiro-estudantes-fotografia-das-escolas-arte-e-superiores-deseno https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.