A Xunta aproba a modificación do prego de condicións da IXP Ternera Gallega solicitada polo seu consello regulador para mellorar este selo de calidade

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria pola que se aproba e se dá publicidade a este cambio
  • Introdúcense algunhas especificacións en relación coa alimentación e o manexo dos tenreiros nas explotacións que optan por modelos produtivos en extensividade ou semi-intensividade
  • Tamén se implementan modificacións relativas a prácticas que favorecen o benestar animal e introdúcese a posibilidade de conxelar a carne sen perder a certificación, no caso de que se destine á exportación fóra da UE, entre outros cambios

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria pola que se aproba e se dá publicidade a unha modificación do prego de condicións da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega. O cambio foi solicitado polo Pleno do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia e tramítase, consonte ao establecido pola normativa, por parte da devandita Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

A aprobación destas modificacións corresponde á administración autonómica, xa que non afectan ao nome da denominación nin ao vínculo do produto co territorio nin implican restricións ao comercio, que son os aspectos cuxo cambio requiriría a aprobación pola Comisión Europea. As modificacións que solicita introducir o consello regulador afectan fundamentalmente ao apartado E) do prego de condicións, relativo ao método de obtención.

Alimentación e manexo

Así, o primeiro dos cambios supón a introdución dalgunhas especificacións en relación coa alimentación e o manexo dos tenreiros nas explotacións que optan por modelos produtivos en extensividade ou semi-intensividade. Establécese a obriga de complementar a alimentación dos animais con concentrados e forraxes (acabado) e para iso débese dispor de tolvas ou comedeiros móbiles distribuídos polas pradarías. 

Ademais, cando os animais vaian sacrificarse con máis de oito meses de idade, deberán agruparse ou estabularse en recintos pechados e protexidos das inclemencias meteorolóxicas para realizar ese acabado durante un período mínimo de dous meses. Para a esixencia deste último requisito establécese un período transitorio de dous anos xa que nalgunhas explotacións pode significar a necesidade de adecuar ou construír algunha instalación para o gando.

O segundo dos aspectos do método de obtención que se modifica refírese á introdución de determinadas especificacións relativas a prácticas que favorecen o benestar animal. En concreto, establécense requisitos relativos á limpeza e liberdade de movementos dos tenreiros, ás condicións hixiénico-sanitarias, ao estado dos patios e zonas de descanso e ás características construtivas do pavimento das cortes.

Determínanse tamén límites máximos para o número de animais que conforman un lote e superficies mínimas por animal. Por outra parte, recóllense especificacións sobre a calidade do aire e as condicións térmicas e a iluminación no interior das instalacións. Por último, recóllese que se debe favorecer o pastoreo, o acceso dos tenreiros á comida e dispoñibilidade de auga limpa, con indicacións dalgúns requisitos mínimos das instalacións para poder cumprir estas especificacións.

Exportación

O terceiro dos aspectos que se modifican no método de obtención consiste na introdución da posibilidade de conxelar a carne sen perder a certificación da IXP Ternera Gallega cando esta vaia destinada á exportación a países de fóra da Unión, excepto Andorra e o territorio de Xibraltar. No prego de condicións vixente ata agora a carne non podía comercializarse como Ternera Gallega se nalgún momento se sometía a un proceso de conxelación.

Por último, tamén se modifica este apartado do prego de condicións para establecer algunhas especificacións en relación coa posibilidade de utilizar carne da IXP Ternera Gallega como ingrediente doutros produtos elaborados e informar diso ás persoas consumidoras na etiquetaxe. En concreto, recóllese a posibilidade de que, nese caso, a carne poida someterse a procesos de conservación, como o secado, o salgado ou a conxelación, sen por iso perder a posibilidade de utilizar o nome da indicación xeográfica na mención do ingrediente na etiquetaxe do produto.

O outro apartado do prego de condicións afectado pola modificación é o G) Estrutura de control. Trátase simplemente de adecuar os datos relativos ao nome do consello regulador -que actualmente está tramitando a súa modificación para pasarse a denominar "Consello Regulador das indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega e Vaca Gallega - Buey Gallego"- e o seu enderezo postal, unha vez que cambiou o seu domicilio social, así como substituír a referencia que se fai á norma EN 45011 por unha referencia á norma ISO 17065, que é a norma internacional que actualmente se aplica ás entidades que certifican produtos.

Enlace á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240507/AnuncioG0528-290424-0001_gl.html.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24138 {"title":"A Xunta aproba a modificación do prego de condicións da IXP Ternera Gallega solicitada polo seu consello regulador para mellorar este selo de calidade","published_date":"2024-05-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24138"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-07/24138-xunta-aproba-modificacion-do-prego-condicions-da-ixp-ternera-gallega-solicitada-polo-seu-consello-regulador-mellorar-selo-calidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.