O conselleiro de Educación anuncia tres novos proxectos de FP dual no centro integrado de FP Fraga do Eume o vindeiro curso

  • Poderán matricularse máis de 70 alumnos, que realizarán arredor do 40% da súa formación en empresas, coa remuneración correspondente
  • Román Rodríguez supervisa as obras que se están a desenvolver no centro, cun investimento de máis de 365.000€
  • "Trátase da primeira fase dunha reforma mais ambiciosa que xa se está proxectando para a remodelación de todos os talleres e cociñas de Hostalaría", explica

Pontedeume (A Coruña), 7 de maio de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe o Centro Integrado de FP Fraga do Eume, "no que o vindeiro curso implantaremos tres novos proxectos de FP Dual, nos que poderán matricularse algo máis de 70 alumnos", anunciou.

O titular do departamento educativo da Xunta, que estivo acompañado pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros: destacou a gran acollida destes ciclos entre o tecido empresarial. "Non en balde, contamos xa coa participación de 40  empresas e agardamos seguir sumando colaboracións nas vindeiras semanas, que abranguen desde pequenas firmas a grandes grupos", sinalou.

"Con esta iniciativa continuamos impulsando a FP Dual en Galicia, unha modalidade que conta cunha inserción laboral de prácticamente o 100% e que, ademais, xa cumpre todos os estándares do que se vai denominar a partir de agora FP Dual Intensiva", explicou o conselleiro. Ao longo dos dous cursos que dura cada proxecto, o alumnado vai realizar entre o 38% e o 44% da súa formación en empresas, toda ela remunerada e, polo tanto, cumprindo todos os requisitos.

Os tres novos proxectos de Dual afondan na especialización deste centro na familia profesional de Hostalaría e turismo, de tal forma que se ofertan nos ciclos de grao medio en Cociña e gastronomía (24 prazas), en Servizos de Restauración (22 prazas) e no ciclo de grao superior en Xestión de Aloxamentos Turísticos (máis de 24 prazas). Este último foi o primeiro en funcionar no CIFP Fraga do Eume e chegará así á súa terceira edición.  

Primeira fase da reforma

No marco desta visita ao centro eumés, o conselleiro supervisou as obras que o seu departamento está a acometer para a mellora da accesibilidade e da eficiencia enerxética. Unha actuación que, tal e como detallou, vai redundar tanto no benestar e confort da comunidade educativa do centro como no desenvolvemento dos ciclos formativos que nel se imparten.

"Trátase da primeira fase dunha reforma mais ambiciosa que xa se está proxectando para a remodelación de todos os talleres e cociñas de Hostalaría, que son as principais ensinanzas deste centro", afirmou o conselleiro.

Estamos a falar dun centro de referencia, no que acaba de entrar en funcionamento un viveiro de empresas para impulsar o emprendemento entre o alumnado e que conta coas instalacións máis punteiras coas que a Xunta dota aos centros de FP, como son as aulas de emprendemento ou aula tecnolóxica.

Neste sentido, lembrou que o Goberno galego investiu máis de 1M€ en melloras neste centro nos últimos anos e que prevé intensificar estas accións no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta da Xunta para modernizar os centros galegos e adaptalos ás necesidades do ensino do século XXI.

Ampliación da aula comedor

Cun investimento de máis de 365.000€, a intervención inclúe a reforma da actual biblioteca para convertela nunha aula-comedor. Este novo espazo conectarase directamente co patio exterior do centro para poder trasladar ao exterior a actividade docente cando o tempo o permita. Isto é preciso para seguir impulsando a especialización do centro en Hostalaría e turismo.

No referido á mellora da accesibilidade, instálase un ascensor con capacidade para oito persoas, que comunicará o acceso principal cos andares primeiro e segundo, onde se sitúan as aulas do centro.

No que atinxe á eficiencia enerxética, substitúese as ventás e instálase illamento térmico SATE en todas as fachadas do espazo ata agora ocupado pola biblioteca, onde tamén se reforman as instalacións de electricidade, iluminación e as instalacións térmicas e de ventilación. Tamén se coloca un panel metálico ondulado sobre a cuberta das pérgolas exteriores para eliminar as filtracións.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24130 {"title":"O conselleiro de Educación anuncia tres novos proxectos de FP dual no centro integrado de FP Fraga do Eume o vindeiro curso","published_date":"2024-05-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24130"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-07/24130-conselleiro-educacion-anuncia-tres-novos-proxectos-fp-dual-centro-integrado-fp-fraga-do-eume-vindeiro-curso https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.