3000 alumnos de 20 centros educativos da provincia participan nas Xornadas de Educación Vial dirixida a escolares

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial destacou a importancia das xornadas de educación vial dirixida a escolares para que os nenos e nenas coñezan os aspectos básicos da seguridade vial, o mesmo tempo que desfrutan da súa bicicleta ou patinete, participan da mobilidade e adquiren coñecementos e competencias
  • Manuel Pardo subliñou a colaboración entre distintas Administracións, a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, a través do Servizo Provincial de Emerxencias, e da Administración Xeral do Estado co Servizo de Formación da Xefatura Provincial de Tráfico
  • O representante do Goberno galego tamén quixo agradecer a desinteresada colaboración das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia, encargadas da mobilización e montaxe do circuíto de educación vial para que todos os rapaces e rapazas de Ourense teñan a posibilidade de desfrutar destas actividades lúdico formativas

Ourense, 07 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo,  destacou esta mañá, a importancia das xornadas de educación vial dirixida a escolares para que os nenos e nenas coñezan os aspectos básicos da seguridade vial, o mesmo tempo que desfrutan da súa bicicleta ou patinete, participan da mobilidade e adquiren coñecementos e competencias, e toman contacto co labor e medios da Garda Civil de Tráfico, Policías Locais e Servizos de Emerxencias.

Así o manifestou Manuel Pardo na primeira xornada do programa de colaboración en 'Educación Vial', que se está a desenvolver ata o próximo 10 de maio no CPR María Auxiliadora de Salesianos e que contará cunha exposición de material de protección civil, vehículos da Garda Civil de Tráfico e o montaxe dun circuíto con sinais de tráfico para os nenos e nenas de educación primaria e infantil.

Estas actividades de educación vial xa se desenvolveron neste ano en diversos centros educativos da provincia; participando 21 alumnos do CEIP Baltar (Baltar);  23 alumnos do CEIP Plurilingüe Os Blancos (Os Blancos);  350 alumnos, en tres quendas, do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras); 135 alumnos do CEIP Divina Pastora (O Barco de Valdeorras); 100 alumnos do CEIP Pablo VI (A Rúa); 105 alumnos do CEIP Ramón Otero Pedraio (O Barco de Valdeorras); 170 alumnos do CEIP Bibei (Viana do Bolo); 200 alumnos, en dúas quendas, do CEIP Manuel Respino (A Rúa); 35 alumnos do CEIP Castrelo de Miño (Castrelo de Miño); 42 alumnos do CEIP Emilia Pardo Bazán (Leiro); 200 alumnos do CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia); 80 alumnos do CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia); 500  alumnos, entres quendas, do CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia); 27 alumnos do CEIP Sarreaus (Sarreaus); 30 alumnos do CEIP San Salvador (Arnoia); 200 alumnos do CEIP Plurilingüe Ribadavia (Ribadavia); 35 alumnos do CEIP Cortegada (Cortegada); 187 alumnos do CPR Miraflores (O Pereiro de Aguiar). Un total ata o día de hoxe de 2160 alumnos conducidos por 77 voluntarios.

Ata o remate do curso lectivo, están pendentes de realizar estas mesmas actividades O CPR Salesianos, o día 14 de maio no Guillelme Brown, o 16 de maio en Amoeiro, o 22 de maio en Cartelle, o 23 de maio en Ramirás, o 24 de maio na Merca, o 30 de maio en Celanova e o 12 de xuño en Cualedro.

O delegado territorial destacou a colaboración entre distintas Administracións, a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, a través do Servizo Provincial de Emerxencias, e da Administración Xeral do Estado co Servizo de Formación da Xefatura Provincial de Tráfico, que permitiu levar este labor educativo e achegar a educación vial a preto de 3000 alumnos de 20 centros educativos da provincia

Manuel Pardo tamén quixo agradecer a desinteresada colaboración das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia, encargadas da mobilización e montaxe do circuíto de educación vial para que todos os rapaces e rapazas de Ourense teñan a posibilidade de desfrutar destas actividades lúdico formativas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24127 {"title":"3000 alumnos de 20 centros educativos da provincia participan nas Xornadas de Educación Vial dirixida a escolares","published_date":"2024-05-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887429\/070524+Xornadas+Educaci%C3%B3n+Vial+1.JPG","id":"24127"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-07/24127-3000-alumnos-20-centros-educativos-da-provincia-participan-nas-xornadas-educacion-vial-dirixida-escolares https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.