López Campos salienta o papel pioneiro do Festival de Cans na difusión e dinamización cultural desde o rural

  • A Xunta subvenciona a organización deste evento a través da súa convocatoria anual de axudas a festivais audiovisuais, que en 2024 distribúe 300.000 euros entre 10 encontros de referencia no sector
  • Unha trintena de estreas de curtas e longametraxes, a presenza de David Trueba, a homenaxe a Kepa Junquera ou a entrega do Pedigree de Honra a María Vázquez atópanse entre o máis destacado da programación deste ano

O Porriño (Pontevedra), 7 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na presentación da 21ª edición do Festival de Cans, do que que salientou o seu papel pioneiro na difusión e dinamización cultural desde o rural, así como a singularidade da súa proposta no circuíto galego e mesmo estatal de festivais audiovisuais. A Xunta de Galicia volve contribuír ao desenvolvemento do certame porriñés cunha achega de 38.000 euros a través da convocatoria anual para festivais do sector, que en 2024 incrementou a súa dotación nun 33% e distribúe 300.000 euros entre 10 eventos.

O conselleiro, que estivo acompañado do director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, felicitou á organización por esta traxectoria e pola programación que preparou para esta nova entrega, de novo cunha ampla oferta tanto cinematográfica como musical. Destacan nela a estrea de 30 curtas e longametraxes, así como a presenza do realizador David Trueba, a homenaxe ao músico Kepa Junquera, a música de The Rapants ou a entrega do Pedigree de Honra á actriz María Vázquez.

O responsable de Cultura do Goberno galego subliñou a capacidade do festival de congregar profesionais das diferentes áreas do sector audiovisual e poñelos en contacto directo cun público que medra cada ano. A forte implicación da veciñanza na súa organización, transformando baixos de vivendas, adegas e alpendres en salas de proxección, é ademais unha das singularidades que explica a súa frutífera andaina.

Máis de 250 proxectos recibidos

Organizado pola Asociación Cultural Arela e dirixido por Alfonso Pato, o encontro conta con cinco seccións competitivas (Ficción, Animación, Furacáns, Videoclips e Novas Camadas), para as que recibiu este ano mais de 250 proxectos.

O programa de 2024 recupera a sección de animación e estrea Cineherdanzas, que descubrirá por vez primeira o legado fílmico de Carlos Asorey, un esquecido cineasta galego dos anos 70. Cans será tamén o escenario para a proxección do filme As neves, de Sonia Méndez, a estrea de nove curtas na sección Ficción e a retrospectiva internacional do colectivo francés Societé Acephale.

A película inaugural deste ano será Alumbramiento, de Pau Teixidor, que se preestrea no festival porriñés e na que participa María Vázquez. A actriz recibirá o seu Pedigree de Honra o día 24, xornada na que se lle entregarán tamén os seus respectivos Chimpíns de Prata ao actor Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán", ao debuxante Luis Davila "O Bichero" e á centenaria veciña de Cans Fermina do Pouso.

Música e cine

Como é habitual, a música segue a ser parte fundamental do evento, que este ano ofrece máis de 20 actuacións ao vivo cunha selección de bandas e artistas de Galicia, entre as que se atopan The Rapants, Lontreira ou Combo Paradiso.

Música e cinema cruzaranse igualmente nas intervencións de Susana Seivane, quen presentará o documental Son Seivane; Su Garrido Pombo, co proxecto Patios de Luz, e Antía Muíño, encargada de abrir o programa musical o día 21 de maio para introducir o documental Acordamos, dirixido por outra cantante, Uxía Senlle.

Encontros con artistas e profesionais, obradoiros, un concurso de pintura nas rúas e outras actividades dirixidas a un público interxeracional completan a oferta desta 21ª edición.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24123 {"title":"López Campos salienta o papel pioneiro do Festival de Cans na difusión e dinamización cultural desde o rural","published_date":"2024-05-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24123"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-07/24123-lopez-campos-salienta-papel-pioneiro-do-festival-cans-na-difusion-e-dinamizacion-cultural-rural https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.