Lorenzana achega ao estudantado a política económica e industrial da Xunta como garante dun emprego de calidade para os vindeiros anos

  • Subliña a importancia de apoiar a base industrial para incrementar as oportunidades laborais das persoas que agora están formándose e impulsar o talento galego

A Coruña, 6 de maio de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, achegou hoxe ao estudantado a política económica e industrial da Xunta como garante dun emprego de calidade para os vindeiros anos. Fíxoo durante unha charla con alumnos da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Universidade da Coruña, aos que trasladou a importancia de apoiar o desenvolvemento da base industrial para incrementar as oportunidades laborais das persoas que agora están formándose e impulsar o talento galego. 

Lorenzana apuntou que o sector industrial é un potente factor de innovación e de competitividade, e un ámbito crucial para as transicións ecolóxica e dixital, que contribuirá ao desenvolvemento de novas tecnoloxías, produtos, servizos, mercados e modelos de negocio, configurando, á súa vez, novos tipos de emprego que están por existir e que requirirán novas capacidades.

Dentro do proceso de transformación da industria galega, sinalou que a Xunta está a desenvolver unha estratexia de política industrial que busca, fundamentalmente impulsar novos sectores industriais estratéxicos; detectar e integrar novas cadeas de valor; promocionar a formación, a atracción de talento e o emprego de calidade; e mellorar a competitividade da industria galega a través da innovación, a dixitalización, a sustentabilidade e a internacionalización.

A conselleira de Economía e Industria adiantou que a Xunta vai dar un verdadeiro impulso á Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que ten a finalidade de asegurar a xestión responsable dos recursos naturais de maneira que se protexa o medio ambiente, se cree riqueza e que a riqueza creada impacte no territorio.

A mesma filosofía, dixo, coa que naceu en novembro de 2023 a sociedade Recursos de Galicia (RDG), participada nun 30% pola Xunta, que persegue que o desenvolvemento enerxético sexa equitativo e redunde no progreso de Galicia e do seu tecido económico. Tal e como di o seu lema, "os nosos recursos, ao noso servizo", concluíu.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24112 {"title":"Lorenzana achega ao estudantado a política económica e industrial da Xunta como garante dun emprego de calidade para os vindeiros anos","published_date":"2024-05-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24112"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-06/24112-lorenzana-achega-ao-estudantado-politica-economica-e-industrial-da-xunta-como-garante-dun-emprego-calidade-os-vindeiros-anos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.