A Xunta destina 3,5 M€ a 190 beneficiarios para previr os danos por incendios ou desastres naturais en montes veciñais e sociedades de fomento forestal

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria destas achegas da Consellería do Medio Rural
  • Estas axudas contan con dúas liñas de actuación, unha para o control selectivo do combustible e outra para a construción de puntos de auga

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas destinadas aos titulares de montes veciñais de man común, as súas agrupacións e as sociedades de fomento forestal (Sofor) para a posta en marcha de actuacións preventivas dos danos que poidan causar aos bosques os incendios, desastres naturais e catástrofes, que conta con 190 beneficiarios e 3,5 millóns de euros de investimento.

A Consellería do Medio Rural convocou no pasado ano estas axudas para contribuír a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes.

As achegas contan con dúas liñas de actuación. A primeira é para o control selectivo de combustible e para ela destínanse case 3 millóns, que poderán levar a cabo tarefas de roza mecanizada con rozadoira de cadeas ou similar, para o clareo sistemático de rexenerado forestal con tratamento de restos, ou para roza de penetración, rareo de entrefaixa e trituración de restos nas faixas. Nesta liña de apoio resultaron beneficiarios 170 persoas.

Nesta liña, as axudas complétanse con actuacións dirixidas ás devasas para a mellora de faixas cortalumes xa existentes con folla de máquina e para as  faixas de pista con ou sen roza da plataforma de rodadura.

A segunda liña desta convocatoria de axudas destínase á construción de puntos de auga. Neste caso, o investimento é de algo máis de 500.000 euros e poderanse crear unha vintena de puntos de auga.

Superficies de máis de 100 hectáreas

Os beneficiarios son as persoas titulares dos montes veciñais de man común, as súas agrupacións e mancomunidades, e as sociedades de fomento forestal que contan con superficies de máis de 100 hectáreas. Ademais, as actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios.

Enlace á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240506/AnuncioG0426-260424-0001_gl.html.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24106 {"title":"A Xunta destina 3,5 M€ a 190 beneficiarios para previr os danos por incendios ou desastres naturais en montes veciñais e sociedades de fomento forestal","published_date":"2024-05-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24106"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-06/24106-xunta-destina-3-5-m-190-beneficiarios-previr-os-danos-incendios-ou-desastres-naturais-montes-vecinais-e-sociedades-fomento-forestal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.