Arias agradece a Javier Amigo o seu labor á fronte da Policía Autonómica en Lugo ante a súa inminente xubilación
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Lugo, 6 de maio de 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza con Javier Amigo, inspector xefe en Lugo da Unidade de Policía Adscrita (UPA) á Comunidade Autónoma de Galicia, ante a súa próxima xubilación o vindeiro mes.
Arias gabou "o gran labor que fixo ao fronte da Policía Autonómica" e agradeceu a súa "implicación e disposición, sempre colaboradora, para contribuír á seguridade cidadá e ao esclarecemento de delitos na provincia".