A Xunta aproba a información pública e o anteproxecto para completar a rede de drenaxe da estrada PO-223, no concello de Pontevedra

  • Define as actuacións para dotar de continuidade os treitos de colector lonxitudinal de drenaxe de augas pluviais da marxe dereita da PO-223, entre os puntos 3+640 e 4+450 
  •  Esta intervención enmárcase nas obras de execución de sendas que está a acometer a Xunta na PO-223, entre O Couso e Sobral e na PO-224, na San Andrés de Xeve
  • A Xunta prevé contratar esta obra de drenaxe este verán, que se levará a cabo de xeito coordinado coa senda da PO-223 

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2024

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se aproba a información pública e o anteproxecto de modificación da rede de drenaxe da estrada PO-223, no concello de Pontevedra.

Trátase da definición das actuacións necesarias para dotar de continuidade os diferentes treitos de colector lonxitudinal de drenaxe de augas pluviais da marxe dereita desta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 3+640 e 4+450.

Esta aprobación definitiva do anteproxecto implica a declaración de utilidade pública dos terreos necesarios para executar as obras. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240506/AnuncioG0181-260424-0001_gl.html

Cómpre lembrar que a Xunta está a executar nese mesmo tramo da PO-223 unha senda entre O Couso e Sobral e outra na PO-224, na San Andrés de Xeve, prevendo a instalación dun colector de drenaxe nunha parte do tramo, pero non no treito completo.

A este respecto, as actuacións contempladas no anteproxecto aprobado permitirán completar a rede drenaxe xa prevista na obra en curso para a construción da senda, podendo conducir as augas desde o punto quilométrico 4+460 ata a seguinte obra de drenaxe existente augas abaixo no punto 3+600.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas contratará as obras este verán para levalas a cabo de xeito coordinado coa obra da senda da PO-223.

Con esta actuación, que evita a escorrenta de augas pluviais a unha parcela destas inmediacións, a Xunta tamén cumpre o disposto nunha sentenza xudicial.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24090 {"title":"A Xunta aproba a información pública e o anteproxecto para completar a rede de drenaxe da estrada PO-223, no concello de Pontevedra","published_date":"2024-05-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24090"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-06/24090-xunta-aproba-informacion-publica-e-anteproxecto-completar-rede-drenaxe-da-estrada-po-223-concello-pontevedra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.