Román Rodríguez destaca o avance das universidades galegas no eido da internacionalización e aposta por seguir avanzando na consolidación do seu atractivo

  • O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa na inauguración das XXI Xornadas 'Internacionalización e Cooperación' da CRUE
  • Pon en valor a participación dos centros de investigación galegos en proxectos europeos, así como a organización da Conferencia sobre Intelixencia artificial

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou hoxe o avance das universidades galegas no eido da internacionalización e a necesidade de seguir "concretando fórmulas que xeren un maior atractivo tanto para a confluencia de axentes internacionais como incluso de investimentos foráneos". 

Na inauguración das XXI Xornadas Internacionalización e Cooperación da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), o titular do departamento educativo da Xunta explicou que Galicia "traballa de xeito incansable para fortalecer o desenvolvemento das súas universidades e por multiplicar as oportunidades da súa actividade cara ao resto da sociedade, con medidas como o establecemento dun plan de financiamento plurianual estable que incentiva os resultados e a rendición de contas".

"A partir do próximo curso implantaremos a gratuidade da matrícula e, ademais, queremos ser a primeira Comunidade en alcadar unha inversión do 1% do noso PIB nas universidades", salientou.

Mellora da visibilidade

"Os resultados destas dinámicas no plano internacional non son menores", sinalou o conselleiro, poñendo como exemplo a participación do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) no proxecto EDINAF da Fundación Naval Dixital Europea.

Así mesmo, lembrou os 12 proxectos europeos de investigación acadados polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), ou o feito de que o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) sexa o encargado de organizar a 24º Conferencia Europea sobre Intelixencia Artificial, o maior e máis prestixioso encontro continental sobre la materia. 

"Así as cousas, podemos afirmar que en Galicia medramos moito nos últimos anos no que atinxe ao impacto internacional e na aplicación directa de resultados sobre o tecido produtivo e no desenvolvemento social", incidiu Román Rodríguez. "Aínda podemos mellorar máis a nosa visibilidade internacional e téndolles a man para seguir traballando para consolidar as nosas universidades como polos de tracción internacional para estudantes e investigadores", rematou.

A Cidade da Cultura de Galicia acolle hoxe e mañá estas xornadas, que teñen como anfitrioas ás tres universidades públicas galegas, cun amplo programa de talleres, paneis de discusión e conferencias plenarias nas que se abordan os desafíos actuais no eido da internacionalización da Educación Superior, o impacto académico das  Alianzas de Universidades Europeas ou a mobilidade inclusiva, entre outros temas. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24088 {"title":"Román Rodríguez destaca o avance das universidades galegas no eido da internacionalización e aposta por seguir avanzando na consolidación do seu atractivo","published_date":"2024-05-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24088"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-06/24088-roman-rodriguez-destaca-avance-das-universidades-galegas-eido-da-internacionalizacion-e-aposta-seguir-avanzando-na-consolidacion-do-seu-atractivo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.