A Xunta financiará a contratación de socorristas para garantir este verán a seguridade en praias e piscinas

Imagen del artículo A Xunta financiará a contratación de socorristas para garantir este verán a seguridade en praias e piscinas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Dirección Xeral de Administración Local publicará en breve a orde de axudas que en edicións anteriores convocaba o departamento autonómico con competencia en materia de emprego
  • A nova convocatoria sufragará os gastos da contratación de persoal de socorrismo, tanto persoal en situación de desemprego como persoal do concello neste ámbito ou do servizo de socorrismo externalizado, e durante o período do 1 de xuño ata o 30 de setembro

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2024

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vai financiar a contratación de socorristas par a próxima campaña de verán nos concellos galegos para garantir a seguridade en  praias e piscinas a través dunha nova orde de axudas que substitúe e amplía os supostos de financiamento da convocatoria que nos últimos años viña publicando o departamento autonómico con competencias en materia de emprego.

Deste xeito, a Xunta prevé publicar en breve unha destas subvencións a concellos galegos, en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas. Así, pese a que a vixilancia de praias e lugares públicos de baño e o seu mantemento compete aos concellos, o Goberno galego contribúe a fomentar a prestación do servizo de socorrismo por parte dos municipios nas épocas de maior concorrencia, como é a tempada estival.

Entre as principais novidades, a convocatoria subvencionará os custos salariais dos concellos solicitantes no período entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2024 para a contratación de persoal dedicado á prestación de servizos de vixilancia, rescate e salvamento en instalación acuáticas descubertas de titularidade municipal ou espazos acuáticos naturais situados no ámbito territorial do municipio.

A diferencia de convocatorias anteriores nas que se esixía ao persoal estar en situación de desemprego e figurar no Servizo Público de Emprego, nesta ocasión amplíase a cobertura a outros dous supostos: tanto persoal propio da entidade local destinado a este servizo como ao persoal que o concello contrata para estas tarefas a través dunha empresa externa mediante un contrato de servizos.

Cómpre lembrar que, tamén de cara a época estival, a Xunta conta con outras medidas para garantir a seguridade nos municipios máis turísticos como é o caso das subvencións para a contratación de auxiliares de Policía Local.

Aínda que a contratación de socorristas é un asunto de competencia estritamente municipal, a Xunta  ademais de fomentala a través de axudas tamén regula a formación que deben reunir. As persoas que poden exercer esta actividade deben estar dados de alta no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

En 2021 aprobouse un decreto -en consenso coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Cruz Vermella e outras entidades- que ampliou e flexibilizou as vías de acceso para traballar como socorristas e en 2023 aprobáronse novas modificacións -tamén consensuadas coa Fegamp  e  as asociacións e colectivos que traballan neste ámbito- para incrementar aínda máis as vías de acceso e as entidades capacitadas para a formación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24063 {"title":"A Xunta financiará a contratación de socorristas para garantir este verán a seguridade en praias e piscinas","published_date":"2024-05-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887420\/socorrista1.jpg","id":"24063"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-04/24063-xunta-financiara-contratacion-socorristas-garantir-veran-seguridade-praias-e-piscinas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.