A Xunta inicia en Valdeorras a 'Primavera de portas abertas' nas rutas dos viños con visitas gratuítas a adegas e roteiros na natureza e patrimonio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Esta denominación de orixe acolle desde hoxe e ata o domingo as primeiras actividades en 23 establecementos, entre adegas, restaurantes e aloxamentos
  • Durante cinco fins de semana de maio e xuño irán desenvolvéndose accións no resto de territorios vitivinícolas con máis de 100 establecementos e máis de 60 actividades
  • Xosé Merelles salienta "a ampla participación" do sector nas xornadas "que constatan o potencial do turismo enogastronómico e o seu papel no rural"

O Barco de Valdeorras (Ourense), 3 de maio de 2024

O director de Turismo Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe en Valdeorras na inauguración da Primavera de portas abertas que a Xunta leva a cabo en colaboración coas cinco entidades impulsoras das rutas dos viños e que se desenvolverá ata o mes de xuño nos distintos territorios vitivinícolas. Como salientou, trátase dunha edición na que se incrementou a participación dos establecementos, ata superar os 100 "constatando así o potencial do turismo enogastronómico e o seu importante papel no rural"

Puxo de manifesto, ademais, a oportunidade desta acción promocional no primeiro semestre do ano e animou a participar nas máis de 60 actividades previstas nas cinco denominacións de orixe durante este mes. En concreto, a Denominación de Orixe de Valdeorras é a protagonista desta fin de semana. Participan 23 establecementos, entre adegas, restaurantes e aloxamentos. E o Bus do Viño chegará desde Ponferrada, Ourense, A Coruña, Vigo e Pontevedra.

Entre as actividades paralelas para esta fin de semana en Valdeorras destaca unha acción lúdica de orientación para por en valor a historia da viticultura no Concello de A Rúa; actividades gastronómicas e de sendeirismo, como unha visita ao Parque Natural Serra Enciña da Lastra. Haberá Cantos de Taberna nalgúns establecementos, que se maridarán con viños da denominación de orixe ou catas nas covas tradicionais no pobo de Seadur, entre outras.

Cinco fins de semana

Tras esta fin de semana, a actividade continuará ata xuño nunha denominación de orixe por cada fin de semana, Así, do 10 ao 12 de maio será a quenda da denominación de orixe das Rías Baixas, do 17 ao 19 de maio na D.O Ribeiro, do 24 ao 26 de maio na Ribeira Sacra e do 31 de maio ao 2 de xuño en Monterrei.

Nas rutas tamén participan restaurantes onde se poderán escoller menús concibidos especialmente para esta ocasión, harmonizados con viños da Denominación de Orixe que corresponda. En cada ruta poderase encontrar, ademais, un plan especial de actividades para a fin de semana. Organízanse entre showcookings, rutas en bicicleta eléctrica, música en directo e paseos en barco polo Miño, catas a cegas ou con observación astronómica, picnics entre viñedos, roteiros de sendeirismo, entre outras.

Os interesados en participar atoparán toda a información na guía promocional dispoñible na web de Turismo de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24057 {"title":"A Xunta inicia en Valdeorras a 'Primavera de portas abertas' nas rutas dos viños con visitas gratuítas a adegas e roteiros na natureza e patrimonio","published_date":"2024-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887417\/valdeorras+1.jpeg","id":"24057"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-03/24057-xunta-inicia-valdeorras-primavera-portas-abertas-nas-rutas-dos-vinos-visitas-gratuitas-adegas-e-roteiros-na-natureza-e-patrimonio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.