Arrinca na Cidade da Cultura a décima edición de Escenas do Cambio con 13 espectáculos para mergullarse na vangarda escénica

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O festival comeza coa inauguración da instalación inmersiva 'Corpo que se fai imaxe', do artista e comisario portugués António Gonçalves
  • O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destaca o valor dunha cita consolidada como punto de encontro fundamental para o crecemento de artistas galegos e internacionais
  • A bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez dirixe unha edición de aniversario que aposta por crear experiencias transformadoras dos espazos, público e artistas dentro e fóra da Cidade da Cultura
  • Música para escoitar en 360 graos, historias íntimas e universais expresadas a través da danza, palabras debuxadas que constrúen paisaxes e relatos de busca da liberdade e da utopía, entre as propostas que se poderán ver esta fin de semana no Gaiás

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

O festival de teatro, danza e arte en acción, Escenas do cambio, arrinca este venres 3 de maio na Cidade da Cultura coa inauguración da instalación inmersiva Corpo que se fai imaxe, do artista portugués António Gonçalves. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, subliñou no acto a relevancia dunha cita que logo de dez anos está consolidada non só como espazo de exhibición para a vangarda escénica, senón como punto de encontro e plataforma de lanzamento para artistas tanto galegos como internacionais.

Ao longo da fin de semana, do 3 ao 5 de maio, Escenas do cambio programa un total de 13 espectáculos que transitan polas linguaxes da danza, a música e a performance. Todos eles apostan por esborrallar os límites entre disciplinas artísticas, creando experiencias transformadoras para públicos diversos e artistas. Unha aposta, afirmou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que está desde os inicios no ADN do festival. Seis dos espectáculos terán ademais a súa estrea a nivel mundial.

A primeira estrea é precisamente Corpo que se fai imaxe, montaxe que reinterpreta a primeira performance realizada por António Gonçalves en 1999. Un cubo branco de grandes dimensións instalado no Hall de Tirantes do Museo Centro Gaiás convida a entrar e explorar as pegadas que deixan, na memoria visual e fisicamente ao ser proxectadas sobre as persoas visitantes, outros actos performativos que protagonizaron no seu día grandes nomes como Chris Burden, Herman Nitsch, Marina Abramovic ou Orlan. Poderá visitarse libremente en horario de apertura do Museo Centro Gaiás durante os tres días do festival.

Pola tarde, asistiremos ao primeiro dos reencontros entre o bailarín manchego Andrés Corchero e o xaponés Oguri en My neighbor sky, e veremos nacer unha paisaxe de palabras coa canaria Raquel Ponce e a súa proposta que combina plástica e performance, SED. Tamén participaremos dos traballos de Millo vello, primeiro espectáculo da novísima compañía galega Ay, cariño!, formada por Cris Vilariño e Diego M. Buceta que recupera, coa danza e ao ritmo da batería, os ritmos e saberes do rural.

A primeira xornada de Escenas do cambio cun Manifesto a favor da liberdade creadora que lerá o artista e programador galego Mateo Feijóo, e coa estrea tamén do novo proxecto musical de Gallaecia Ensemble Barroco. A agrupación, dirixida pola compostelá María José Pámpano, propón un exercicio de escoita en movemento sobre a coñecida partitura de música minimalista In C, de Terry Riley, desta volta interpretada con instrumentos antigos como o serpentón, o cravo ou a zanfona barroca.

Cambios pola previsión de chuvia

Baixo a dirección da bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez, a intención transformadora de Escenas do cambio tradúcese en oito pezas site-specific coas que artistas e compañías intervirán diferentes espazos dentro e fóra do Gaiás. A previsión de chuvia obrigou a mudar algunha das localizacións previstas inicialmente, mais a totalidade das pezas manteñen a súa programación.

As dúas funcións de My neighbor trasládanse ao acubillo dos soportais próximos á Sala Einsenman. As pezas en linguas minoritarias europeas que ían interpretarse o sábado desde o balcón do Salón Teatro, así como o tributo audiovisual Remix X polos dez anos do festival, pasarán a ocupar diversos espazos dentro do propio Salón Teatro. A entrada para todos eles é libre ata completar a capacidade dos novos recintos.

O Rabaño sinfónico liderado pola artista cíborg Moon Ribas e o acróbata Quim Girón manterá as súas saídas a pastar sons en comuñón co público o sábado pola Cidade da Cultura e o domingo polas rúas de Santiago de Compostela. Nesta obra cada participante levará un altofalante a modo de "choca electrónica" a partir do cal se creará un novo universo sonoro a partir do movemento e da voz.

Estreas destacadas

O sábado 4 de maio o galego David Loira chega desde Alemaña para presentarnos Blondi, un proxecto provocador que nace da súa experiencia como guía turístico nos campos de concentración nazi e a partir da cal constrúe un canto á liberdade que cuestiona quen son os nosos líderes na sociedade actual.

A estrea destacada do domingo 5 de maio será a peza Dual, do bailarín estremeño Álvaro Murillo e o artista sonoro Artomático. Unha peza que transforma en danza a tese Envellecemento motor e cerebral en tarefas duais con exercicio físico, danza e creatividade en persoas con fibromialxia coa que Murillo obtivo o pasado 30 de abril o título de Doutor en Ciencias do Deporte na Universidad de Estremadura.

Completan o programa desta edición de Escenas do cambio, Prusik, a rede de mulleres en busca da utopía formada por bailarinas da compañía vasca La intrusa canda as galegas Clara Ferrao, Marcia Vázquez, Ana Beatriz Pérez e Raquel Ferradás e Let Sleeping Dogs Lie, da recoñecida intérprete e mestra internacional Laura Aris.

Toda a información do festival está dispoñible na web da Cidade da Cultura e tamén na en www.escenasdocambio.org. As entradas para os espectáculos poden adquirirse no Museo Centro Gaiás e en Ataquilla.com.

Escenas do cambio conta coa colaboración do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música - INAEM, o Instituto Camões, a Axencia Galega das Industrias Culturais, o Centro Coreográfico Galego e o Centro Dramático Galego.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24051 {"title":"Arrinca na Cidade da Cultura a décima edición de Escenas do Cambio con 13 espectáculos para mergullarse na vangarda escénica","published_date":"2024-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887417\/240503_EscenasCambio_01x.jpg","id":"24051"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-03/24051-arrinca-na-cidade-da-cultura-decima-edicion-escenas-do-cambio-13-espectaculos-mergullarse-na-vangarda-escenica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.