A comisión mixta de xustiza entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia insiste na necesidade de dotar Compostela dun xulgado de violencia sobre a muller

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta mañá a reunión para pedirlle ao Goberno central máis unidades xudiciais e maxistrados para Galicia
  • Ademais do novo tribunal na capital galega, considéranse prioritarios novos xulgados de Primeira Instancia para Ourense e de Primeira Instancia e Instrución en Viveiro e Vilagarcía de Arousa
  • Tamén se propuxo reforzar o persoal da Audiencia Provincial da Coruña e da de Pontevedra, así como a Sala do Social do TSXG con cadanseu maxistrado

A Coruña, 3 de maio de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron hoxe a Comisión Mixta de Xustiza entre Xunta e TSXG. No encontro, ao que tamén asistiu o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño, acordouse solicitar máis unidades xudiciais e maxistrados para Galicia, no marco das unidades que o Ministerio de Xustiza concede ás comunidades.  

Nunha decisión consensuada, Xunta e TSXG insisten na proposta desatendida o pasado ano para que o Goberno central lle dea prioridade á posta en marcha dun xulgado de violencia sobre a muller exclusivo e excluínte no partido xudicial de Santiago de Compostela, que se sume aos que xa están en funcionamento nas cidades da Coruña e Vigo.

Nas prioridades da relación que se presentará ao Ministerio de Xustiza, acordada en base ás cargas de traballo das unidades xudiciais de toda Galicia, tamén figuran un xulgado de Primeira Instancia para Ourense e cadanseu de Primeira Instancia e Instrución en Viveiro e Vilagarcía de Arousa. A petición inclúe ademais maxistrados para a Sección 4ª, civil, da Audiencia Provincial da Coruña; para a Sección 2ª, penal, da Audiencia Provincial de Pontevedra; e para a Sala do Social do TSXG.

A maiores demándanse un xulgado do contencioso-administrativo en Santiago de Compostela; xulgados de Primeira Instancia en Vigo, Pontevedra e A Coruña; xulgados de Primeira Instancia e Instrución en Ribeira e Carballo; un tribunal do Penal en Ourense,  e un do Social en Ferrol.

A Xunta acepta e financia todas as unidades xudiciais que outorgue o Consello Xeral do Poder Xudicial, unha vez que chega a comunicación na que se establece o número asignado e comprométese a poñelas en funcionamento no menor tempo posible como vén facendo cada ano. Galicia, cada 31 de decembro, cumpre coa posta en marcha dos novos xulgados asignados polo Goberno central. Isto non foi posible coas novas unidades xudiciais correspondentes á programación de 2023, debido á demora ata finais de decembro da publicación do real decreto por parte do Ministerio cos xulgados concedidos.

Obras en infraestruturas xudiciais

Por outra banda, na xuntanza de hoxe abordáronse as obras que se están a realizar nos xulgados de Vigo e da Coruña. No primeiro caso, estanse a executar ou en previsión a habilitación da sala de vodas na rúa Abeleira Menéndez, a insonorización do Imelga, a reforma do arquivo no soto do Rexistro Civil e diversas melloras na Cidade da Xustiza. Na cidade da Coruña estanse ultimando as obras do xulgado sobre violencia da muller, onde xa se acondicionou o antigo xulgado de vixilancia penitenciaria e se habilitaron despachos adicionais. Nos próximos días empezará o traslado as novas dependencias, na que está garantida ás vítimas un percorrido totalmente separado dos agresores.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24050 {"title":"A comisión mixta de xustiza entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia insiste na necesidade de dotar Compostela dun xulgado de violencia sobre a muller","published_date":"2024-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887417\/20240503ComisionMixtaXustiza11.jpg","id":"24050"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-03/24050-comision-mixta-xustiza-xunta-e-tribunal-superior-xustiza-galicia-insiste-na-necesidade-dotar-compostela-dun-xulgado-violencia-muller https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.