O Albergue do Berbés supera xa os 25.000 peregrinos e o Camiño Portugués da costa incrementa a afluencia de camiñantes nun 87% no primeiro cuatrimestre

Imagen del artículo O Albergue do Berbés supera xa os 25.000 peregrinos e o Camiño Portugués da costa incrementa a afluencia de camiñantes nun 87% no primeiro cuatrimestre

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou este venres o Albergue "Juan Manuel López Chaves" para facer balance da afluencia de peregrinos
  • "A evolución é espectacular e os números avalan a decisión que tomamos para a rehabilitación de dous edificios nun lugar emblemático", sinalou

Vigo, 3 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, anunciou este vernes que o Albergue de Peregrinos "Juan Manuel López Chaves" xa superou a simbólica cifra de 25.000 camiñantes aloxados no establecemento da Xunta desde que foi inaugurado en xullo de 2021 no barrio do Berbés.

A representante autonómica destacou o acerto do Goberno galego cando decidiu investir 1,8 millóns de euros para dotar á cidade do seu primeiro albergue público no Casco Vello. "A evolución está a ser espectacular e os números avalan outra vez máis a decisión que tomamos para a rehabilitación de dous edificios nun lugar emblemático da cidade", sinalou.

Ana Ortiz apuntou que os datos do albergue chegan grazas ao incremento exponencial  que experimentou o Camiño Portugués da Costa nos últimos meses. Así, apuntou que no primeiro cuatrimestre do 2024 xa retiraron a sú compostela un total de 10.961 peregrinos que se decantaron pola ruta que pasa por Vigo.

"A afluencia de peregrinos na nosa ruta xacobea xa supero o 14% do total de todos os camiñantes que pasan por Galicia e todo apunto a que este ano superará todos os rexistros converténdose na que máis crece, o que favorece a boa ocupación que presenta o albergue do Berbés", engadiu a delegada.

O edificio do albergue conta con seis plantas nunhas instalacións accesibles para dar resposta á demanda de aloxamento. A infraestrutura ten capacidade para unhas 90 persoas en 7 habitacións e dispón tamén de cociña, comedor, zona de ocio e aseos.

Sinalización do Camiño da Costa en Vigo

Ademais, a representante autonómica lamentou unha vez máis que Vigo siga sen sinalización oficial por parte do Concello. "Vigo segue sendo a única cidade de Europa que non ten o camiño sinalizado e por fortuna contamos coa axuda de comerciantes, taxistas e colectivos para difunfir o Xacobeo e guiar aos peregrinos", argumentou.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24044 {"title":"O Albergue do Berbés supera xa os 25.000 peregrinos e o Camiño Portugués da costa incrementa a afluencia de camiñantes nun 87% no primeiro cuatrimestre","published_date":"2024-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887417\/20240503+Delegada+Peregrinos+Albergue+Vigo_01.jpg","id":"24044"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-03/24044-albergue-do-berbes-supera-xa-os-25-000-peregrinos-e-camino-portugues-da-costa-incrementa-afluencia-caminantes-nun-87-primeiro-cuatrimestre https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.