A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das Emerxencias que se materializou o pasado ano en 36 intervencións

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Emerxencias e Interior participou na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
  • Sinalou o labor do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) mobilizado a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, onde salientou a relevancia que ten a atención psicolóxica en situacións de grande estrés emocional, como son os accidentes múltiples, catástrofes e outros sinistros. Nesta liña, recoñeceu o labor do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizador do evento, e que mantén unha estreita colaboración coa Xunta desde hai máis de dúas décadas para actuar en contextos críticos e para realizar tarefas de planificación e de prevención.

Segundo explicou Santiago Villanueva, o 112 Galicia xestiona situacións moitas veces límite entre as que se atopan os accidentes con múltiples vítimas, sinistros laborais ou a desaparición de persoas, e que poden requirir da "colaboración de equipos especializados na atención psicolóxica tanto para as persoas e comunidades que as sofren coma para os profesionais que interveñen nos operativos".

Neste marco de acción, Villanueva referiuse ao labor do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), que ao longo de 2023 foi alertado a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia en 50 ocasións que se materializaron en 36 intervencións. Destas, 21 desenvolvéronse no escenario do suceso e 14 mediante asesoramento telefónico a familiares e outras persoas achegadas. A meirande parte das accións tiveron relación con accidentes e coa seguridade.

Atención integral e multidisciplinar

O Goberno galego garante así a "atención integral e multidisciplinar das emerxencias, dándolles tamén resposta ás necesidades sociais ou psicolóxicas que poidan xurdir". O director xeral sinalou experiencias como o accidente do Alvia, a explosión do almacén pirotécnico de Tui ou o afundimento do Vila de Pitanxo, que demostraron o relevante papel da atención psicolóxica na xestión das emerxencias cun profundo impacto emocional nas persoas afectadas, nos equipos de intervención e na sociedade en xeral. 

O I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias conta tamén coa intervención do xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, cun relatorio esta tarde enmarcado no simposio sobre autocoidado de intervenientes. Baixo o título Os heroes tamén precisan atención psicolóxica, Araújo abordará o impacto que poden ter as emerxencias nos membros dos equipos de intervención que traballan nas zonas cero e que afrontan situacións nas que a carga emocional pode levalos ao límite. Así, máis aló da súa condición de profesionais experimentados, tamén poden precisar asistencia para encarar as implicacións das súas intervencións.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24034 {"title":"A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das Emerxencias que se materializou o pasado ano en 36 intervencións","published_date":"2024-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887417\/240503_Emerxencias_04x.jpg","id":"24034"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-03/24034-xunta-destaca-colaboracion-co-colexio-psicologos-eido-das-emerxencias-se-materializou-pasado-ano-36-intervencions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.