Galicia recibe a estudantes do programa de promoción do galego en territorios de Castela e León

Imagen del artículo Galicia recibe a estudantes do programa de promoción do galego en territorios de Castela e León

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O alumnado de primaria, secundaria e bacharelato pasa uns días no Albergue Xuvenil As Sinas participando en iniciativas de lecer e culturais que lle permitirán pór en práctica a súa competencia lingüística en galego

Vilanova de Arousa, 2 de maio de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitaron esta tarde o alumnado de primaria, secundaria e bacharelato do Bierzo adscrito ao Programa de promoción do galego que está a pasar estes días no albergue xuvenil As Sinas, en Vilanova de Arousa.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude  promove unha estadía en Galicia de dous días de duración para estudantes participantes no Programa de promoción do galego nos territorios da Comunidade Autónoma de Castela e León en que se fala galego, que se desenvolve ao abeiro do protocolo de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, déronlle a benvida á delegación castelá-leonesa integrada por máis dun cento de persoas -entre alumnado, mestres e acompañantes-- no albergue xuvenil As Sinas.

Ambos tiveron a oportunidade de interesarse polas principais iniciativas que se están a desenvolver nos 19 centros educativos dependentes da Junta de Castilla y León -18 en León e 1 en Zamora-- adscritos a este proxecto, , xurdido da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León, iniciada no ano 2001.

Valentín García transmitiulles ao profesorado e á rapazada participante o importante papel que xogan na promoción exterior do uso do galego e na continuidade e conservación da fala fóra das fronteiras de Galicia.  Do mesmo xeito, expresou a vontade da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de seguir apoiando este tipo de iniciativas.

Pola súa banda, Lara Meneses puxo en valor o interese que a lingua galega esperta máis aló das nosas fronteiras, especialmente na xente nova, gabando a súa aposta por formarse nela e garantir a continuidade do galego nestas terras.

Estadía cultural como complemento educativo

Grazas a esta estadía, que inclúe diferentes actividades culturais co obxectivo de favorecer o contacto directo do alumnado coa lingua galega e de complementar os seus coñecementos de lingua e de cultura galegas, rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos e mestres que imparten docencia nos centros educativos adscritos ao Programa do galego no Bierzo chegaron a Galicia, onde botarán estes dous días participando en diferentes iniciativas culturais que lles permitirán poñer en práctica a competencia lingüística adquirida e achegarse en primeira persoa á cultura galega.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24021 {"title":"Galicia recibe a estudantes do programa de promoción do galego en territorios de Castela e León","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887414\/VilanovaArousa.jpg","id":"24021"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24021-galicia-recibe-estudantes-do-programa-promocion-do-galego-territorios-castela-e-leon https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.