A Xunta incrementa ata os 200.000 euros o seu apoio ás bandas de música populares para recuperar o concurso CreaSons e os encontros sinfónicos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Goberno galego aumenta nun 42% a contía destinada a este colectivo co obxectivo de continuar a promover a música bandística 
  • O acordo inclúe a continuidade do Certame Galego de Bandas, que será este ano en Pontevedra, do Concurso Galego de Composición e do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Federación Galega de Bandas de Música (FGBM), Iván Estévez, asinaron hoxe na Cidade da Cultura de Galicia o novo convenio de colaboración entre as dúas entidades, a través do que a Xunta incrementa ata os 200.000 euros a súa achega para reforzar as actividades deste colectivo. A dotación deste ano, que supón un incremento do 42% respecto a 2023, permitirá a celebración de novas actividades, como recuperar o concurso CreaSons e levar a cabo dous encontros das súas bandas sinfónicas, ademais de garantir a continuidade do Certame Galego de Bandas, do Concurso Galego de Composición, que acadarán candansúa 17ª edición, e o Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, que cumprirá a súa sétima convocatoria.

Co CreaSons 2024 retomarase o proxecto Innova, que xa se desenvolvera en anos anteriores co obxectivo de estimular iniciativas que exploren novos escenarios musicais para a fusión con outras manifestacións artísticas (música tradicional, teatro, danza, maxia...) e que teñan un impacto social positivo a través da accesibilidade ou a integración. O proxecto que obteña a mellor puntuación actuará na xornada previa ao XVII Certame Galego de Bandas de Música, que será este ano en Pontevedra, e que se trata doutra das actividades contempladas no convenio rubricado.

Á programación apoiada súmase o XVII Concurso Galego de Composición, ao que poderán concorrer partituras orixinais e inéditas que versen sobre temática galega. O certame establece cinco categorías en función do grao de dificultade, duración da peza e cadro de instrumentistas. As obras premiadas e finalistas terán a posibilidade de ser obras obrigadas no Certame Galego de Bandas e poderán ser estreadas en concertos das agrupacións da Federación ou por outras bandas de recoñecido prestixio.

Propiciar o intercambio entre novas xeracións de músicos

Tamén se inclúe no marco deste acordo a sétima edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís que se desenvolverá na Cidade da Cultura a mediados do mes xullo, e no que participarán as seccións infantís e xuvenís de bandas de música federadas de Galicia, divididas en tres categorías determinadas polo número de compoñentes co que participen. Entre os obxectivos do encontro están potenciar a arte musical entre a poboación máis nova, impulsar a visibilidade das seccións infantís e xuvenís das bandas galegas, fomentar o encontro entre as novas xeracións de intérpretes e crear sinerxías de colaboración entre as agrupacións para enriquecer a formación musical de rapaces e rapazas.

Ademais, a Federación, a través das súas dúas formacións de referencia, a Banda Sinfónica Galega e a Banda Sinfónica Xuvenil Galega, programará nos meses de xullo, para a Xuvenil, e de agosto, para a Sinfónica Galega, dous encontros de varios días de duración dedicados á formación nas distintas especialidades instrumentais. No caso da Sinfónica Xuvenil este encontro será combinando os ensaios con actividades máis lúdicas que fomenten a conexión entre mocidade con intereses musicais semellantes.

Para a sinatura deste convenio, que se xestionará a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, tívose en conta o carácter específico das actuacións propostas, o alto grao de representatividade da FGBM, que asocia e representa a máis de 94 formacións, 6321 instrumentistas e 7114 alumnos e alumnas das catro provincias galegas; o seu carácter como única entidade aglutinadora do sector bandístico galego no seu conxunto.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24020 {"title":"A Xunta incrementa ata os 200.000 euros o seu apoio ás bandas de música populares para recuperar o concurso CreaSons e os encontros sinfónicos","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887414\/240502_bandas_01x.jpg","id":"24020"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24020-xunta-incrementa-ata-os-200-000-euros-seu-apoio-as-bandas-musica-populares-recuperar-concurso-creasons-e-os-encontros-sinfonicos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.