Galicia participa na feira internacional do cómic 2024 FICOMIC Barcelona con preto dun cento de títulos

Imagen del artículo Galicia participa na feira internacional do cómic 2024 FICOMIC Barcelona con preto dun cento de títulos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Acoden figuras e editoriais máis representativas da banda deseñada galega, como Manuel Cráneo, Kiko da Silva, Fausto Isorna ou Gemma Sesar
  • A Comunidade retoma con forza a súa presenza nesta importante cita sectorial, á que non asistía desde hai 15 anos

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

Galicia participará desde mañá venres, día 3, na Feira Internacional do Cómic 2024, FICOMIC. Barcelona, cun expositor propio co obxectivo de facer medrar aínda máis a presenza no eido da banda deseñada, onde a comunidade é xermolo e viveiro de moitos proxectos e creadores e creadoras con talento e prestixio, tal e como demostra que o cartel desta edición estea realizado pola ilustradora galega Enma Ríos. Na mostra darase promoción e difusión a 80 títulos de novidades editoriais deste xénero.

Galicia retoma así con forza a súa presenza nesta importante cita sectorial á que non asistía desde hai 15 anos e faino co participación de figuras e editoriais máis representativas do cómic e da banda deseñada de Galicia, como Manel Cráneo, no seu triple papel de coordinador de Viñetas do Atlántico, ilustrador e editor de Demo editorial; Kiko da Silva, ilustrador, director de O Garaxe Hermético, Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración e xerente de Retranca editora; e por parte de El patito editorial, estarán representados Fausto Isorna e Gemma Sesar.

Actividades

As actividades de Galicia na FICOMIC arrancan mañá mesmo coa presentación da edición deste ano de Viñetas desde o Atlántico, coa presenza do seu director, Manel Cráneo, e Laura Blanco. A ilustradora encargada do cartel deste ano, Genie Espinosa, estará presente a través dun vídeo. E, en representación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, asistirá Cristina Rubal, subdirectora xeral de Bibliotecas e do Libro.

   

A FICOMIC tamén acollera a presentación de Imaxinaria, o Festival Internacional de Cine de Animación, que se celebrou na Coruña en marzo deste ano; e do certame Compostela Ilustrada.

 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24018 {"title":"Galicia participa na feira internacional do cómic 2024 FICOMIC Barcelona con preto dun cento de títulos","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887414\/FeiraComic.jpg","id":"24018"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24018-galicia-participa-na-feira-internacional-do-comic-2024-ficomic-barcelona-preto-dun-cento-titulos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.