O equipo de 'As Neves' regresa á Fonsagrada para a preestrea desta longa rodada en Galicia cunha das axudas da Xunta á produción audiovisual

  • Coproducida por Cósmica Producións e Aquí y Allí Films, a película contou cunha subvención autonómica de 260.000 euros, ademais de ter sido apoiada durante a súa fase previa de desenvolvemento
  • O debut na longametraxe da realizadora galega Sonia Méndez chegará ao circuíto comercial o vindeiro 10 de maio

A Fonsagrada (Lugo), 2 de maio de 2024

O equipo de As neves, primeira longametraxe da directora e guionista viguesa Sonia Méndez, compartiu hoxe co público da Fonsagrada a preestrea do filme, que foi rodado en diferentes localizacións do municipio, así como noutros concellos da provincia de Lugo e en Santiago de Compostela. Cósmica Producións contou co apoio da Xunta de Galicia desde o inicio deste proxecto, subvencionado xa na súa fase previa de desenvolvemento e polo que se lle concedeu a continuación unha axuda de 260.000 euros a través da convocatoria de 2021 para producións e coproducións audiovisuais.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación do filme neste pase especial, ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz. O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude aproveitou a súa intervención para felicitar publicamente a directora, intérpretes e ao resto do equipo do filme por este traballo, no que se abordan as graves consecuencias do acoso nas redes sociais, especialmente entre a mocidade.

"As estreas dos filmes que contribuímos a materializar desde a Xunta de Galicia constitúen sempre ocasións moi felices para nós. E son aínda máis emotivas, se cabe, cando  se realizan no lugar que acolleu a rodaxe e coa veciñanza que conviviu co equipo da filmación durante esas semanas de traballo", sinalou o responsable de Industrias Culturais, quen gabou así mesmo o valor engadido do audiovisual para a expansión da nosa cultura galega e o seu efecto tractor e multiplicador para toda a economía galega.

Elenco novel

A provincia de Lugo concentrou a meirande parte dos escenarios deste drama psicolóxico, protagonizado por un elenco maioritariamente novel para contar a historia dun grupo de adolescentes nunha remota comunidade do interior a raíz da desaparición dunha das súas amigas durante a celebración do Entroido. O filme foi estreado na pasada edición do Festival de Málaga e poderá verse nas salas de cinema a partir do 10 de maio.

As neves, coproducida con Aquí y Allí Films, é a primeira experiencia de Sonia Méndez como directora e guionista dunha longametraxe de ficción, se ben conta cunha recoñecida traxectoria de máis de vinte anos no sector audiovisual, tanto na dirección como no guión, actuación e produción, con galardóns como os premios Mestre Mateo á mellor curtametraxe nos anos 2011 e 2012 por As damas Negras e Conversación cunha muller morta. É, así mesmo, a directora do festival de contidos dixitais Carballo Interplay.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24017 {"title":"O equipo de 'As Neves' regresa á Fonsagrada para a preestrea desta longa rodada en Galicia cunha das axudas da Xunta á produción audiovisual","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24017"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24017-equipo-as-neves-regresa-fonsagrada-preestrea-desta-longa-rodada-galicia-cunha-das-axudas-da-xunta-producion-audiovisual https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.