A Xunta apoia a IV feira en defensa do gandeiro da montaña, que se celebra o 11 de maio en San Román de Cervantes

Imagen del artículo A Xunta apoia a IV feira en defensa do gandeiro da montaña, que se celebra o 11 de maio en San Román de Cervantes

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación das actividades xunto con representantes da asociación organizadora, 'Territorio Verde'

Lugo, 2 de maio de 2024

A Xunta colabora un ano máis coa Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña, que celebra a cuarta edición o sábado 11 de maio en San Román de Cervantes. O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación das actividades xunto coa presidenta da asociación Territorio Verde, Sonia Chocrón, e outros membros deste colectivo que organiza o evento.

O programa comezará ás 8,00 horas coa chegada do gando ao recinto feiral - o prazo de inscrición dos animais está aberto ata o 5 de maio e agárdase que entren unhas 200 reses de vacún, ovino e caprino -.

Ao longo da xornada está prevista unha poxa de xovencas da asociación de criadores de Raza Rubia Galega (Acruga); entrega de premios aos mellores exemplares; sorteos; actuacións musicais; inchables para os máis pequenos e unha exhibición de artesanía a cargo dun ferreiro. Tamén haberá exposición e venda de maquinaria agrícola e doutros produtos.

Arias felicitou á asociación organizadora por impulsar esta feira tradicional que reivindica o peso do sector agrogandeiro na zona. Subliñou que a Xunta "aposta por todas as iniciativas que dinamicen o rural" e destacou que este ano a Consellería do Medio Rural destina 44 millóns de euros aos programas de axudas para incentivar os investimentos en explotacións, a incorporación de mozos á actividade agraria e a instalación de pequenas granxas. Lembrou ademais que este ano implantáronse novas accións para fomentar a remuda xeracional no campo, como as axudas para a incorporación de persoas de entre 41 e 55 anos e os incentivos destinados a agricultores que se xubilen cedendo as súas granxas ao Banco de Explotacións co obxectivo de garantir a súa continuidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24016 {"title":"A Xunta apoia a IV feira en defensa do gandeiro da montaña, que se celebra o 11 de maio en San Román de Cervantes","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887414\/020524+Presentaci%C3%B3n+IV+Feira+en+defensa+do+Gandeiro+da+Monta%C3%B1a.jfif","id":"24016"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24016-xunta-apoia-iv-feira-defensa-do-gandeiro-da-montana-se-celebra-11-maio-san-roman-cervantes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.