Lorenzana sinala o Grupo Pereira como exemplo da aposta pola innovación e a dixitalización da cadea mar industria galega

Imagen del artículo Lorenzana sinala o Grupo Pereira como exemplo da aposta pola innovación e a dixitalización da cadea mar industria galega

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira de Economía e Industria visitou en Vigo as instalacións desta compañía, da que forman parte máis de 20 empresas que integran a pesca, a transformación e a comercialización de produtos do mar

Vigo, 2 de maio de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Vigo as instalacións do Grupo Pereira, que destacou como exemplo da aposta pola innovación e a dixitalización da cadea mar industria galega. Do mesmo xeito, sinalou o carácter exportador e a aposta pola responsabilidade social empresarial deste grupo familiar, fundado en 1955 e que integra máis de 20 empresas dedicadas á pesca, elaboración, comercialización e distribución de produtos do mar. 

Partindo do sector extractivo, Grupo Pereira, que conta coa colaboración do Igape e do Inega en diferentes proxectos, soubo completar o círculo e afondar na busca de valor engadido, entrando na transformación e comercialización dos produtos. Dispón de filiais en Senegal, Mauritania, Namibia, Sudáfrica e Malvinas. 

O complexo mar-industria de Galicia achega preto do 5% do PIB de Galicia e ten un papel fundamental na vertebración do territorio, xa que se estende por toda a costa e permite fixar poboación. A Comunidade, que alberga todas as fases do proceso, é a 11ª exportadora mundial de produtos de pesca, por diante de Xapón ou Islandia, e os seus produtos chegan a máis de 120 países. 

A recente aprobación do Perte da cadea mar-industria, demandado de maneira reiterada polo sector, pode supoñer unha oportunidade para a transformación industrial, dixital e medioambiental das empresas desta cadea industrial. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24014 {"title":"Lorenzana sinala o Grupo Pereira como exemplo da aposta pola innovación e a dixitalización da cadea mar industria galega","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887414\/20240502LorenzanaPereiraok.jpg","id":"24014"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24014-lorenzana-sinala-grupo-pereira-como-exemplo-da-aposta-pola-innovacion-e-dixitalizacion-da-cadea-mar-industria-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.