A Xunta incorporará a inicios do verán unha nova ambulancia de soporte avanzado de enfermería no concello de Lalín

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A nova ambulancia reforzará os recursos sanitarios das máis de 35.000 persoas que viven nos concellos de Agolada, Lalín, Dozón e Rodeiro
  • No encontro tamén abordaron a próxima posta en funcionamento do Centro Integral de Saúde de Lalín e comarca de Deza, pendente da acometida eléctrica para a comprobación dos equipos sanitarios previa á súa entrada en servizo
  • Coa posta en marcha do CIS de Lalín, a poboación dezá verá ampliada a súa carteira de servizos

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, mantiveron esta mañá unha xuntanza para abordar diferentes asuntos do ámbito sanitario no municipio pontevedrés. 

Durante a reunión, o titular de Sanidade trasladou ao rexedor municipal que a comezos do verán se prevé incorporar unha nova ambulancia de soporte avanzando de enfermería no concello, un servizo que dará cobertura á comarca dezá. 

A incorporación deste tipo de ambulancias, actualmente só presente nas cidades da Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela, permitirá optimizar a prestación asistencial na área. Un recurso que resolve o 96% das súas intervencións dun xeito autónomo, sen necesidade de mobilizar recursos medicalizados. 

O novo servizo permitirá trasladar aos pacientes durante longos traxectos garantindo o tratamento durante o seu desprazamento sen necesidade de mobilizar un equipo de atención primaria do centro de saúde de referencia.

No encontro de traballo desta mañá, o titular da Consellería de Sanidade e o rexedor lalinense tamén abordaron a próxima posta en funcionamento do Centro Integral de Saúde de Lalín e comarca de Deza, unha infraestrutura que mellorará de xeito significativo as prestacións o primeiro nivel asistencial no municipio e na comarca de Deza e que se poderá poñer en servizo unha vez resolta a acometida eléctrica e a comprobación dos equipos sanitarios.

Un centro integral de saúde con máis recursos e servizos

O Centro Integral de Saúde de Lalín e comarca está distribuído en 4 andares, dos que tres se destinarán ao novo centro de saúde e outro ao Punto de Atención Continuada, PAC. Trátase dun edificio cun deseño funcional, adaptado ás necesidades asistenciais, e que disporá de dous patios interiores a modo de claustro onde desembocan as zonas de espera e de circulación. 

No seu conxunto o novo centro de saúde disporá de 5.500 m² de superficie construída nunha parcela de máis de 15.000 metros cadrados. Así, prestará atención sanitaria aos máis de 35.000 veciños de Lalín e dos concellos da comarca.

O CIS de Lalín disporá dunha maior dotación de medios diagnósticos e terapéuticos, e permitirá a resolución dos procesos en consulta única, sen derivación a outros centros. Así, contará cunha área específica de telemedicina; ampliará as áreas de atención de adultos, de pediatría e o seu PAC; e mellorará os espazos das Área de especialidades: con catro consultas de medicina, dúas consultas de enfermaría e tres gabinetes de exploracións; da Área de rehabilitación: con dúas consultas de fisioterapia, 6 cabinas, un ximnasio e unha sala de rehabilitación cardíaca; da Área de saúde mental, con cinco consultas; ou da área de Hemodiálise, cunha consulta e 12 postos.

Ademais, a poboación do Deza tamén verá ampliada a súa carteira de servizos, tanto no que atinxe á cirurxía menor ambulatoria;  ao programa de rehabilitación do solo pélvico; ao programa de enfermidades músculo-esqueléticas; ou ao programa de rehabilitación cardíaca; e completando a dotación de servizos do centro os programas de radiodiagnóstico e ecografía; hospitalización a domicilio; e o que será o centro integral de hemodiálise da comarca do Deza.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24012 {"title":"A Xunta incorporará a inicios do verán unha nova ambulancia de soporte avanzado de enfermería no concello de Lalín","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887414\/20240502++Reuni%C3%B3n+Sanidade+e+Concello+de+Lal%C3%ADn1.jpg","id":"24012"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24012-xunta-incorporara-inicios-do-veran-unha-nova-ambulancia-soporte-avanzado-enfermeria-concello-lalin https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.