O Conservatorio de Danza de Lugo inaugura unha exposición sobre os seus 20 anos de traxectoria

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial, Javier Arias, subliñou que se trata dun centro de referencia da Xunta, único en Galicia, con arredor de 250 alumnos e alumnas

Lugo, 2 de maio de 2024.

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo inaugurou hoxe unha exposición que recolle os seus 20 anos de traxectoria. O delegado territorial, Javier Arias, subliñou no acto que se trata do único centro público dependente da Xunta destas características, o que unido á súa contrastada calidade, converteuno en referente dentro e fóra de Galicia, sumando actualmente arredor de 250 alumnas e alumnos.

Un centro que comezaba a súa andaina en outubro de 2003 ofrecendo o grao elemental, ao que se foron engadindo o grao medio na especialidade de Danza Clásica e posteriormente o grao profesional en Danza Contemporánea.

Arias gabou o labor educativo e de dinamizador cultural que exerce na provincia, e  lembrou que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional traballa no Plan Educ-Arte para reforzar o papel dos centros de ensinanzas artísticas como polo tractor da canteira cultural galega. Tivo especialmente unhas palabras de agradecemento ao alumnado, por esforzo que realizan, moitas veces compatibilizando os seus estudos con outras tarefas.

A mostra reúne imaxes e vídeos que percorren o labor diaria, as clases ou as actividades realizadas polo Conservatorio nestas dúas décadas; permanecerá exposta na Capela de Santa María ata o día 26 de xuño.

A inauguración, na que tamén actuaron os alumnos do último curso de Danza Contemporánea, pon o broche de ouro aos actos organizados esta semana con motivo do Día Internacional da Danza, que se conmemora o 29 de abril. Porén, a celebración do vixésimo aniversario aínda continúa e o Conservatorio prepara xa a gran gala do 28 de xuño, na que invitan a participar a antigos alumnos que están traballando como profesionais, mesmo algúns deles no estranxeiro.

Novas matrículas

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo ten aberto ata o 24 de maio o período de inscrición para as probas de acceso. Oferta 34 prazas no primeiro curso de Grao Elemental -para nenos e nenas a partir de 8 anos- e 30 no primeiro de Grao Profesional, estas distribuídas a partes iguais entre as dúas especialidades de Danza Clásica e Danza Contemporánea.

Igualmente, está aberto o prazo para inscribirse no curso preparatorio, ata esgotar o límite de 40 prazas. Consiste nun curso gratuíto para maiores de 7 anos, que non require proba de acceso e propón o achegamento a esta disciplina de forma lúdica con clases un día á semana.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24011 {"title":"O Conservatorio de Danza de Lugo inaugura unha exposición sobre os seus 20 anos de traxectoria","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887414\/020524+Inauguraci%C3%B3n+Exposicion+20+anos+CDAN+1.jfif","id":"24011"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24011-conservatorio-danza-lugo-inaugura-unha-exposicion-os-seus-20-anos-traxectoria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.