Talía Teatro estrea mañá en Boiro o espectáculo 'DeseXo' co apoio da Xunta á creación escénica

Imagen del artículo Talía Teatro estrea mañá en Boiro o espectáculo 'DeseXo' co apoio da Xunta á creación escénica

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A compañía recibiu unha axuda de 100.000 euros dentro da modalidade plurianual para desenvolver ata 2025 esta produción e tamén a de 'Un deus salvaxe'
  • A función inaugural forma parte da programación semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios que cofinancia a  Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
  • Trátase dunha reflexión en clave de humor sobre o acceso á formación afectivo- sexual e a relación coas redes sociais neste ámbito

Boiro (A Coruña), 2 de maio de 2024

Talía Teatro presentou hoxe en Boiro os detalles da súa nova produción, DeseXo, que se estreará mañá venres ás 21,00 h. na Casa da Cultura Ramón Martínez López desta vila do Barbanza. A peza, unha reflexión en clave de humor sobre o acceso á formación afectivo-sexual, está realizada ao abeiro das subvencións á creación escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta, que destinou a esta liña de axudas un total de 800.000 euros para impulsar os proxectos de 29 compañías galegas na pasada convocatoria 2023.

En concreto, a compañía foi beneficiaria na modalidade de proxectos plurianuais cunha cantidade de 100.000 euros divididos entre os diferentes exercicios do período comprendido entre 2023 e 2025. O obxectivo desta canle de apoio é facilitar o desenvolvemento a medio prazo da planificación da actividade, tanto empresarial como artística, de cada unha das empresas adxudicatarias.

Así, o explicou o director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, quen acompañou o equipo de Talía nesta presentación. Sutil engadiu que grazas á estabilidade que lle proporciona este apoio da Administración autonómica, a compañía compostelá poderá abordar non só a posta en escena de DeseXo senón tamén a de Un deus salvaxe, unha comedia negra da dramaturga gala Yasmina Reza, que explora temas como a hipocrisía, a intolerancia e a soberbia na sociedade, recoñecida con varios premios e aclamada pola crítica internacional, e que a compañía galega quere presentar por primeira vez na nosa lingua o próximo outono.

Tamén lembrou que a peza que se estrea mañá forma parte da programación semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios, cofinanciada pola Xunta e as 41 entidades locais asociadas e que ata o vindeiro mes de xuño levará 351 funcións escénicas e musicais a 41 concellos de toda Galicia. O circuíto autonómico conta cun orzamento de arredor de dous millóns de euro para todo o ano 2024, destinado integramente á contratación de formacións artísticas profesionais de teatro, música, danza, circo e maxia, galegas na súa meirande parte. En concreto, durante estes seis primeiros meses do ano serán máis de 130 as compañías escénicas e grupos musicais os que actuarán na Rede, na que os espectáculos teatrais supoñen unha gran parte da programación, con máis de 270 funcións, 92 delas para público familiar.

A educación sexual a debate

Baixo a dirección de Diego Rey, DeseXo, aborda as consecuencias que ten nas nosas vidas a pornografía, tanto a real como a social, reflexionando en clave de comedia sobre un mundo que cada vez vai más rápido, e analizando a nosa relación coas redes sociais, onde absolutamente todo queda exposto. "Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a ser tabú. DeseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto", explican desde Talía.

O resultado final do espectáculo é froito dun profundo proceso de investigación que comezou co asesoramento da sexóloga Bárbara Penas, e que desembocou nun foro-teatro realizado en seis centros de ensino secundario da provincia da Coruña durante o pasado mes de febreiro baixo o título A pornografía na adolescencia. Grazas a esta experiencia obtívose unha composición de lugar da actual situación da educación sexual na nosa Comunidade e, a partir de aí, decidiuse concibir a peza como unha reflexión en ton cómico sobre a ausencia xeneralizada de formación afectivo-sexual, tanto no ámbito doméstico, como no marco formativo regrado. Tamén se aborda a súa substitución polo que se pode aprender a través da pornografía e das redes sociais, coa consecuente aparición de malos hábitos, frustracións, estereotipos sexistas e unha excesiva presión á hora de manter relacións afectivo-sexuais.

Os dous intérpretes, Marta Ríos e Dani Trillo, fan unha exposición de diversas situacións relacionadas con estes temas, con constantes rupturas da cuarta parede, nun atrevido esforzo por establecer unha vía de comunicación co público ao redor das relacións sexuais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24008 {"title":"Talía Teatro estrea mañá en Boiro o espectáculo 'DeseXo' co apoio da Xunta á creación escénica","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887414\/20240502RoldaDeseXoBoiro.JPEG","id":"24008"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24008-talia-teatro-estrea-mana-boiro-espectaculo-desexo-co-apoio-da-xunta-creacion-escenica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.