O Programa pioneiro de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial da Xunta evitou a hospitalización de 400 lactantes menores de 6 meses e acada unha efectividade do 82%

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Desde o inicio da campaña de vacinación, o pasado 25 de setembro, o sistema sanitario público galego xa inmunizou máis de 13.500 nenos e nenas
  • Grazas a esta iniciativa, supón que por cada 25 lactantes vacinados se evite unha hospitalización
  • Galicia foi pioneira a nivel mundial na incorporación do anticorpo monoclonal fronte ao VRS no seu calendario de inmunización
  • A Sanidade galega sitúase como referente no ámbito da prevención ao contar co programa de vacinación máis completo do mundo

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presentou esta mañá os resultados da campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS), un programa co que o Executivo galego evitou a hospitalización de 400 lactantes menores de 6 meses, e que acada unha efectividade do 82%. 

Na súa intervención, Antonio Gómez Caamaño destacou o carácter pioneiro dun programa que sitúa á saúde pública galega como referente a nivel mundial no eido das inmunizacións, ao ser a primeira en incorporar ao seu calendario de vacinación o anticorpo monoclonal que fai fronte a unha das principais infeccións respiratorias que padecen os recen nados.

"Fomos a primeira Comunidade do mundo en incorporar a inmunización fronte ao VRS", salientou o responsable da Sanidade galega, quen ademais lembrou que esta infección provocaba, até o de agora, o ingreso hospitalario dun de cada 56 lactantes. Grazas a esta campaña de vacinación infantil, incidiu, "logramos que por cada 25 lactantes vacinados se evite unha hospitalización".

Acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e polo xefe de Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Federico Martinón, o conselleiro de Sanidade sinalou que os resultados da campaña de inmunización fronte ao VRS en Galicia son "un logro e un éxito sanitario de toda a comunidade". Así, destacou que desde o seu inicio, o pasado 25 de setembro, e até o 31 de marzo, a Sanidade galega xa inmunizou a un total 13.505 nenos e nenas galegas.

"A mellor cura é a prevención é a anticipación" remarcou Caamaño, ao tempo que agradeceu a colaboración dos pais e das nais galegas na protección da saúde dos máis pequenos.

O Virus Respiratorio Sincitial (VRS) provocaba en Galicia entre 800 e 1.000 hospitalizacións anuais (datos prepandemia), producíndose o 75% das mesmas en lactantes menores dun ano.

O calendario de vacinación máis completo do mundo

Galicia conta na actualidade co calendario de vacinación máis completo do mundo, tras incorporar a vacina 20-valente fronte á pneumococo e a vacina do herpes zoster no calendario de adultos; ou as vacinas contra a meninxite B, o rotavirus, virus do papiloma humano (VPH), a gripe e a inmunización contra o Virus Respiratorio Sincitial en lactantes (VRS) no calendario infantil.

Sobre este particular, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, puxo en valor o éxito desta campaña de inmunización, "un trunfo da poboación galega" pois acadou unhas coberturas do 92,3% nos meniños nados en campaña, do 100% nos nenos e nenas de alto risco, e até o 84,8% no procesos de recaptación de menores nacidos desde o 1 de abril de 2023.  Así, explicou que a efectividade de nirsevimab acada o 87% e consegue reducir nun 90% os ingresos hospitalarios.

Pola súa banda, o xefe do servizo de Pediatría do CHUS, Federico Martinón, achegou a información e os datos de tipo académicos que se desprenden dos primeiros 6 meses  de administración deste anticorpo monoclonal fronte ao VRS, destacando que nirsevimap reduce entre un 82 e 87% os ingresos por VRS; entre o 86 e o 90% os ingresos por infeccións respiratorias severas, e case nun 70% o risco de hospitalización por calquera tipo de infección respiratoria.

Martinón explicou que a colaboración entre a Consellería de Sanidade e o seu equipo de investigación, estenderá o seu estudo sobre o impacto do Virus Respiratorio Sincitial na poboación galega durante os vindeiros 3 anos, destacando que a incorporación do anticorpo a calendario vacinal galego foi recollido por prestixiosas publicación sanitarias, como Lancet Infectious Diseases, e que será replicado por outros países, como é o caso de Chile ou os Países Baixos.

A Xunta de Galicia manterá durante 2024 a súa aposta por situar a Sanidade galega na vangarda da prevención, destinando un investimento de preto de 40 millóns para o programa de vacinación galego.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24006 {"title":"O Programa pioneiro de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial da Xunta evitou a hospitalización de 400 lactantes menores de 6 meses e acada unha efectividade do 82%","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887414\/sergaslara1.jpg","id":"24006"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24006-programa-pioneiro-inmunizacion-fronte-ao-virus-respiratorio-sincitial-da-xunta-evitou-hospitalizacion-400-lactantes-menores-6-meses-e-acada-unha-efectividade-do-82 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.