Os produtos de bodegas Aguiuncho, certificados co Selo Galicia Calidade da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Con esta incorporación son xa 21 as adegas que contan cos seus viños certificados pola marca de garantía desde organismo dependente de Turismo de Galicia

Sanxenxo (Pontevedra), 02 de maio de 2024

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, reuniuse cos responsables de Bodegas Aguiuncho nas súas instalacións de Sanxenxo (Pontevedra), para facerlles entrega da certificación que acredita a posesión do selo de garantía de Galicia Calidade, outorgado por este organismo dependente de Turismo de Galicia, e que permitirá á empresa incluír a nova sinalización na súa fachada, así como engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial.

Na xuntanza, Ana Méndez destacou os esforzos de Bodegas Aguiuncho para combinar a innovación co mantemento da mellor tradición e cultura vitivinícola da comarca do Salnés. Con esta incorporación, Galicia Calidade suma xa 21 adegas que contan co distintivo, das 5 denominacións de orixe e co común denominador da calidade dos seus viños. Da D.O. Rías Baixas certifica os produtos das seguintes adegas: Adega dos Eidos, Valtea, Paco & Lola, Altos de Torona, Terra de Asorei, Adega Valdés, Señorío de Rubiós, Gran Bazán e a citada Bodegas Aguiuncho. No que respecta á D.O. Ribeira Sacra son 4 as adegas que conta co distintivo: Finca Millara, Vía Romana, Regina Viarum e Rectoral de Amandi. No Ribeiro son 2 adegas certificadas: Viña Costeira e Nairoa. Outras 2 adegas pertencen á D.O. Monterrei: Gargalo e Quinta do Buble. Para rematar, na D.O. Valdeorras contamos con 4 adegas certificadas: A Coroa, Ruchel, Viños do Barco e Terriña.

En total, Galicia Calidade- a marca de garantía da Xunta que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración na Comunidade galega, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción- ten adheridas na actualidade máis de 168 empresas, con máis de 850 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.

Proxecto familiar

Bodegas Aguiuncho pertence a Denominación de Orixe Rías Baixas, máis concretamente no Val do Salnés, a subzona con maior superficie de viñedo da D.O. A nova adega certificada por Galicia Calidade é un proxecto familiar de Manuel Troncoso Poceiro e Manuel Troncoso Prieto, pai e fillo, que naceu no ano 1999, cando decidiron elaborar e comercializar viños de calidade, cunha aposta pola tecnoloxía e a innovación, pero sen perder a perspectiva dunha adega tradicional que herdaron da familia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24004 galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24004-os-produtos-bodegas-aguiuncho-certificados-co-selo-galicia-calidade-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.