López Campos salienta o exemplo para as xeracións máis novas do compromiso de Luísa Villalta coa terra, a lingua e a cultura

  • A mostra Luísa Villalta, tatuada na pétrea pel do mar foi distinguida pola súa "creatividade, beleza estética, carácter integrador e inclusivo", xa que emprega códigos QR que levan á linguaxe de signos, á biografía en pictogramas ou á linguaxe Braille
  • O cartel número 1 de primaria, que mostra un percorrido pola cidade da Coruña da man de Luísa Villalta foi elixido polos supermercados da cadea Eroski-Vegalsa para conmemorar o Día das Letras Galegas

A Coruña, 2 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, puxo esta mañá como exemplo para as xeracións máis novas o "compromiso coa terra, coa lingua e coa cultura" da homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas, a escritora, música e docente Luísa Villalta.

Así o enxalzou durante o acto de entrega no CEIP Raquel Camacho da Coruña dos premios do Concurso-exposición das Letras Galegas que recibiu o alumnado deste centro, gañador da categoría de educación infantil e primaria, e no cal estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Precisamente,  a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude —por medio da Secretaría Xeral da Lingua e no marco da programación institucional das Letras Galegas posta en marcha pola Xunta de Galicia— convoca cada ano este certame destinado aos centros de ensino público non universitario, co obxecto de elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor ou da autora homenaxeada e sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviu. Nesta ocasión, sobre a poeta, música e ensaísta coruñesa Luísa Villalta, á quen se lle dedican as Letras Galegas de 2024.

López Campos salientou a "creadora excepcional" no panorama literario galego que era a homenaxeada e incidiu en que a súa escrita resultou renovadora pola continua exploración que fai sobre a relación entre a música e a poesía. Neste senso, puxo en valor que, aínda que destaca esencialmente como poeta, foi unha autora que abrazou todos os xéneros: a narración, o teatro e o ensaio a través dos seus artigos de opinión en diferentes medios.

"A súa escrita reflicte o seu fondo compromiso coa súa terra, coa súa lingua e coa cultura, á vez que o seu marcado feminismo e o seu profundo sentido da xustiza no desexo de contribuír a unha sociedade máis igualitaria", enxalzou.

Modalidade gañadora de educación primaria

O centro gañador do Concurso-exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura homenaxeada pola Real Academia Galega este 17 de maio, na categoría de infantil e primaria, foi nesta ocasión o CEIP Raquel Camacho da Coruña, pola exposición Luísa Villalta, tatuada na pétrea pel do mar.

López Campos gabou que este  alumnado, coa colaboración do profesorado, logrou crear un harmonioso conxunto de carteis en que destacan a "creatividade, a beleza estética, o carácter integrador e inclusivo" e o emprego de técnicas e recursos diversos (códigos QR que levan á linguaxe de signos, biografía en pictogramas, linguaxe Braille etc.), na procura de difundir a vida e a obra de Luísa Villalta entre a rapazada.

Esta exposición vai acompañada da guía didáctica correspondente, que orienta o percorrido polos carteis e contribúe de forma idónea ao coñecemento e á divulgación da figura homenaxeada e da súa época.

Carteis en 2.000 puntos

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua, está a distribuír os carteis e a guía premiados en case 2.000 puntos de destino: centros educativos de toda Galicia, mais tamén aos centros nos que se imparte galego fóra da nosa Comunidade Autónoma (de Castela-León, de Londres, de Bos Aires ou de Caracas); bibliotecas, concellos, centros de estudos galegos e lectorados, concellos de fala galega, como os do Val do Ellas en Estremadura; centros da emigración e distintas asociacións que traballan a prol da lingua e da cultura galegas dentro e fóra das nosas fronteiras. Ademais, poderán verse nalgunhas estacións de tren de Galicia.

Apuntar que o cartel número 1 de primaria, que mostra un percorrido pola cidade da Coruña da man de Luísa Villalta, foi elixido polos supermercados da cadea Eroski-Vegalsa para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Ademais, as exposicións están dispoñibles en versión dixital e pódense descargar —canda outros recursos como marcadores de páxina, regras etc., e outros creados polos equipos de dinamización da lingua galega doutros centros educativos— no Portal da lingua galega, o web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, nas seguintes ligazóns: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23998 {"title":"López Campos salienta o exemplo para as xeracións máis novas do compromiso de Luísa Villalta coa terra, a lingua e a cultura","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23998"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/23998-lopez-campos-salienta-exemplo-as-xeracions-mais-novas-do-compromiso-luisa-villalta-coa-terra-lingua-e-cultura https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.