Román Rodríguez agradece o labor dos 300 docentes que participan nos grupos de traballo para a nova ordenación da FP

  • O conselleiro de Educación e Ciencia reúnese cos profesores que están a colaborar na elaboración da nova normativa para regular a FP e adaptala á nova lei estatal
  • "En Galicia traballamos para conservar a esencia e os principios da nosa FP, que ten xerado un modelo propio que funciona", di o conselleiro

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, agradeceu hoxe o labor dos 300 docentes que participan nos grupos de traballo para a nova ordenación da FP. Fíxoo no marco dunha reunión con estes profesores para analizar os novos retos que supón a adaptación á lei estatal, tendo en conta que o Ministerio aínda non ten publicada a normativa básica pola que se terán que guiar as administracións autonómicas. 

Este primeiro encontro permitirá analizar como desenvolver tres áreas clave da FP, en concreto o reparto de horas de módulos profesionais que garantan o maior rendemento posible, a actualización dos contidos para que respondan ás necesidades do tecido produtivo e a revisión dos itinerarios formativos segundo o actual escenario profesional.

O responsable do departamento educativo da Xunta lembrou que o baleiro normativo do Ministerio non afecta só á ordenación da FP, senón tamén aos cambios que será preciso introducir en cada unha das titulacións. "Hoxe avanzamos nunha reflexión colectiva que buscará potenciar e reforzar canto levamos feito até o de agora e implementalo no vindeiro curso e facémolo da man de docentes que contan con sobrada experiencia tanto no eido académico como no desempeño estritamente profesional", destacou.

Entre as novidades principais da nova lei estatal está a introdución de novos módulos, algúns de nova creación, outros en substitución dos xa existentes, o que vai demandar cambios en todos os ciclos. Ademais, increméntase ata un máximo de 700 as horas de formación en empresa, mantendo tamén a formación en centros e, polo tanto, as funcións e horarios do profesorado. Así mesmo, a Xunta vai duplicar a formación en inglés respecto do mínimo establecido polo Ministerio, co fin de que o alumnado da FP galega acaba os seus estudos sendo plurilingüe. 

"O noso obxectivo é que aplicación da lei posibilite manter a calidade do noso sistema de FP, lamentando as incertezas que está xerando a inacción do Goberno central co calendario que eles mesmo se marcaron", sinalou Román Rodríguez. "En Galicia levamos tempo traballando para conservar a esencia e os principios da nosa FP, unha formación cunha altísima empregabilidade e que ten xerado nos últimos anos un modelo propio que funciona", recalcou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23994 galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/23994-roman-rodriguez-agradece-labor-dos-300-docentes-participan-nos-grupos-traballo-nova-ordenacion-da-fp https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.