A Xunta promocionará os produtos galegos de calidade na nova edición da Feira anual da Asociación de Distribuidores de Hostalería e Alimentación de Lugo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana coa directiva da Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación de Lugo (Adislugo), organizadora do evento
  • O obxectivo desta cooperación é converter o certame nun referente do noroeste español no ámbito da distribución alimentaria, especialmente na rama da hostalería

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, reuniuse esta semana en San Caetano coa directiva da Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación de Lugo (Adislugo), encabezada polo seu presidente, Eloy García.

O obxectivo do encontro foi avanzar na colaboración entre a Consellería e esta entidade con vistas á próxima Feira das Distribuidoras Lucenses "L" de Lugo -que organiza Adislugo-, no eido da promoción das producións agroalimentarias galegas de calidade neste certame. Trátase dun evento que se foi consolidando ao longo destes anos e que persegue a súa permanencia no tempo. De feito, a intención desta cooperación entre a Xunta e Adislugo é darlle un pulo a este certame para convertelo nun referente do noroeste español no ámbito da distribución alimentaria, especialmente na rama da hostalería.

Por primeira vez, nesta cuarta edición do evento a Consellería do Medio Rural terá un espazo expositivo no que se porán en valor os diferentes produtos alimentarios galegos de calidade diferenciada. Nesta liña, tamén está prevista a organización de misións comerciais para traer á feira representantes da distribución do noroeste de España, coa intención de mellorar o posicionamento dos produtos galegos e propiciar a súa condición de prescritores das producións galegas de calidade nos seus respectivos territorios.

Na pasada edición, "L" de Lugo congregou arredor de 7.000 visitantes e 125 expositores. O evento deste ano terá lugar na primeira quincena de outubro próximo. Nos últimos anos, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou nesta feira achegando produto para a realización de exhibicións de cociña e catas, así como difundindo a excelencia da despensa galega con certificado de calidade diferenciada, unha iniciativa que terá continuidade e que se vai reforzar nesta nova edición.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23993 galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/23993-xunta-promocionara-os-produtos-galegos-calidade-na-nova-edicion-da-feira-anual-da-asociacion-distribuidores-hostaleria-e-alimentacion-lugo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.