O Gaiás festexa as Letras Galegas cun abano de propostas que inclúen desde teatro a exposicións, actividades escolares ou unha lectura compartida

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Cidade da Cultura convida a toda a cidadanía a sumarse á lectura participativa de poemas de Luísa Villalta que se gravará o sábado 11 e se emitirá en rede o 17 de maio
  • A Biblioteca de Galicia acolle tamén a obra de monicreques de Fantoches Baj 'Isaura e Tristán. Contastorias' e unha representación de 'Indóciles', o espectáculo de Vero Rilo, Mónica de Nut e Nuria Vil baseado no legado provocador e rebelde de Villalta
  • Unha exposición bibliográfica e un encontro con alumnado de secundaria do IES de Canido de Ferrol e o Xosé Neira Vilas de Oleiros completan a programación

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2024

A Cidade da Cultura súmase en maio á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á música, profesora e poeta Luísa Villalta, cunha variada programación divulgativa destinada a dar a coñecer a súa figura e a súa obra a toda a cidadanía. Ao longo do mes das Letras, o Gaiás organiza propostas como unha lectura participativa de poemas, un encontro con rapazada de centros de ensino, unha exposición bibliográfica ou dúas propostas teatrais —para público adulto e público familiar—.

A primeira destas actividades será o mércores 8 de maio, e consistirá nun encontro entre alumnado de dous dos institutos nos que Luísa Villalta se desempeñou como profesora e activista cultural, isto é, o IES de Canido de Ferrol e o IES Xosé Neira Vilas de Oleiros. O alumnado, de primeiro curso da ESO, realizará unha escolma de poemas previa ao encontro, para intercambiala entre os dous centros e posteriormente realizar unha posta en común na Cidade da Cultura. O encontro estará animado e moderado pola autora Nuria Vil, que desde 2016 forma parte do espectáculo de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro, da plataforma de crítica literaria A Sega e, recentemente, do proxecto multidisciplinar Indóciles, no que achega ao público a obra de Luísa Villalta xunto a Vero Rilo e Mónica de Nut —que tamén conta cunha función no Gaiás este 25 de maio—.

Ademais, a Cidade da Cultura convida a todas as persoas que o sábado 11 visiten o complexo a prestar as súas voces para darlle vida aos versos de Luísa Villalta. Nesta lectura compartida, que será gravada en vídeo e difundida pola rede, poderán ler un dos textos da escolma realizada pola tamén poeta e profesora Oriana Méndez (Vigo, 1984), que abrangue vinte poemas dos catro títulos que Villalta dispuxo en vida para a súa publicación: Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004).

Actividades na Biblioteca de Galicia

Á celebración do Día das Letras Galegas no Gaiás súmase tamén a Biblioteca de Galicia con tres propostas para públicos de todas as idades. Así, o sábado 11 de maio, a cativada e as súas familias poderán gozar da representación teatral Isaura e Tristán. Contastorias , unha enxeñosa peza de monicreques de Fantoches Baj baseada na da novela de Luísa Villalta As chaves do tempo

Precisamente dúas semanas despois, o sábado 25 de maio, será a quenda do público adulto coa representación de Indóciles, un espectáculo a tres mans no que Vero Rilo, narradora, Nuria Vil, recitadora, e Mónica de Nut, música, nos mergullan no legado literario provocador e rebelde que nos deixou Luísa Villalta.

Por último, todas as persoas que ata setembro visiten a Biblioteca de Galicia, terán a oportunidade de achegarse aos fondos bibliográficos que conserva relativos á escritora homenaxeada este ano, e que se exhibirán na mostra Luisa Villalta, a memoria dos sons.

Todas as actividades son de balde, aínda que para os dous espectáculos teatrais é preciso reservar praza previamente na web da Cidade da Cultura de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23981 {"title":"O Gaiás festexa as Letras Galegas cun abano de propostas que inclúen desde teatro a exposicións, actividades escolares ou unha lectura compartida","published_date":"2024-05-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887408\/CdC230512_002.JPG","id":"23981"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-01/23981-gaias-festexa-as-letras-galegas-cun-abano-propostas-incluen-teatro-exposicions-actividades-escolares-ou-unha-lectura-compartida https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.