O Gaiás acolle mañá unha charla sobre os mitos e as evidencias do uso intensivo das pantallas

Imagen del artículo O Gaiás acolle mañá unha charla sobre os mitos e as evidencias do uso intensivo das pantallas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José César Perales, catedrático de Psicoloxía experimental da Universidade de Granada, ofrecerá este xoves un relatorio dentro do ciclo de Cultura Científica da Xunta

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2024

José César Perales, catedrático de Psicoloxía experimental da Universidade de Granada, protagonizará este xoves unha nova cita do Ciclo de Cultura Científica impulsado pola Xunta de Galicia baixo o título Tecnoloxía con sentidiño co fin de abordar temáticas como o uso desta nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.

Nesta ocasión, a charla Mitos e evidencias sobre o uso intensivo de dispositivos e aplicación na rede terá lugar mañá, 2 de maio, ás 18,00 horas, na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura. Nela, o doutor en Psicoloxía analizará o que popularmente entendemos por adicción e se ese termo describe axeitadamente os problemas causados polo uso excesivo das redes sociais e outras aplicación en internet.

Neste senso, José Carlos Perales abordará a base científica e o temor de que o uso excesivo das tecnoloxías poida ser prexudicial para á saúde mental dos rapaces, así como a importancia de investigar todas estas cuestións de xeito sistemático e atendendo a algúns factores importantes para previr posibles problemas.

Charlas ata o mes de xuño

O programa de conferencias continuará ata o mes de xuño cun amplo abano de profesionais co obxectivo de ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria, documentada e baseada en investigacións sobre o uso da tecnoloxía. Así, tras José César Perales será a quenda de Juanjo Montiel Pérez, enxeñeiro senior de software de Microsoft, que o vindeiro 16 de maio aportará unha ollada desde a discapacidade e a plena integración da tecnoloxía na conferencia Tecnoloxía e accesibilidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23974 {"title":"O Gaiás acolle mañá unha charla sobre os mitos e as evidencias do uso intensivo das pantallas","published_date":"2024-05-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887408\/JoseCarlosPerales1.jpeg","id":"23974"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-01/23974-gaias-acolle-mana-unha-charla-os-mitos-e-as-evidencias-do-uso-intensivo-das-pantallas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.