María Martínez Allegue aborda co alcalde de Cartelle a tramitación do Plan Básico Autonómico neste concello
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde un encontro de traballo co alcalde de Cartelle, Jaime Sousa Seara.
Neste encontro o rexedor ourensá trasladoulle á conselleira a súa preocupación acerca da tramitación do Plan Básico Autonómico, tralo informe desfavorable da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Martínez Allegue comprometeuse a analizar unha situación, que ademais non é exclusiva deste concello.