A Xunta apoia unha nova edición da carreira de obstáculos Pretorian Race de Sarria, que reúne a uns 600 participantes este sábado

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da proba, que conta cun percorrido de 8 quilómetros e 40 obstáculos

Sarria (Lugo), 30 de abril de 2024

A Xunta de Galicia apoia un ano máis a carreira de obstáculos Pretorian Race Sarria Xtreme, que celebra este sábado - 4 de maio - a cuarta edición cuns 600 participantes chegados de diferentes puntos de España e Portugal.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe en Sarria á presentación do programa xunto con Thor López e Alberto Piñeiro, membros da asociación organizadora, Pretorianos Club; e representantes doutras entidades implicadas.

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías: elite (para corredores de alto nivel que participan en ligas nacionais, europeas e mundiais); dúas modalidades populares; started e por equipos.  As carreiras disputaranse en quendas cun máximo de 100 persoas cada unha.

Os corredores sairán do campo de rugby de Sarria e atoparán a meta no mesmo punto despois de atravesar camiños, fincas, un cortado vertical e cruzar un río. Este ano como novidade haberá un Combo Final de 14 metros e a proba terá máis visibilidade na localidade xa que parte do percorrido transcorrerá polo paseo do Malecón. A  xornada rematará coa entrega de trofeos e coa actuación do grupo de música Louband.

Arias felicitou ao Club Pretorianos por organizar "un evento único na provincia" no que participan corredores que buscan puntuar para os campionatos galego ou nacional de carreiras de obstáculos, pero tamén persoas sen afán competitivo que queren desfrutar da experiencia. Subliñou "a proxección que supón esta iniciativa para Sarria e a súa contorna" e a repercusión económica que terá na zona a chegada de centos de persoas atraídas por esta actividade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23970 {"title":"A Xunta apoia unha nova edición da carreira de obstáculos Pretorian Race de Sarria, que reúne a uns 600 participantes este sábado","published_date":"2024-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887408\/lugolara1.jfif","id":"23970"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23970-xunta-apoia-unha-nova-edicion-da-carreira-obstaculos-pretorian-race-sarria-reune-uns-600-participantes-sabado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.