Juan José Cerviño Varela toma posesión como novo director xeral da PAC e do control da cadea alimentaria

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O acto celebrouse esta mañá no complexo administrativo de San Caetano e foi presidido pola conselleira María José Gómez

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, presidiu esta mañá a toma de posesión do novo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño Varela. Trátase dunha nova Dirección Xeral que reforza o organigrama da Consellería e responde ao compromiso da Xunta de racionalizar estruturas administrativas na procura dunha maior eficacia e eficiencia do seu funcionamento.

No acto, que tivo lugar no complexo administrativo de San Caetano, a conselleira destacou a súa traxectoria profesional, sempre ligada ao sector primario. Pola súa banda, o nomeado agradeceu a confianza depositada nel pola titular do Medio Rural e reafirmou o seu compromiso a prol do rural galego.

Juan José Cerviño Varela, nado en Pontevedra en 1970, é licenciado en veterinaria pola USC e dende principios deste ano vén desempeñando o cargo de secretario do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organismo pagador dos fondos agrarios europeos adscrito á devandita Consellería.

Con anterioridade, Cerviño Varela foi xefe do Servizo de Auditoría Interna desta mesma entidade entre 2021 e 2024 e inspector de Saúde Pública na área de Pontevedra, tras ser nomeado, no 2020, funcionario de carreira na escala de veterinarios. Antes desa data xa tivera experiencia no Fogga, como técnico do Servizo de Intervención de Mercados.

A súa traxectoria profesional no Fogga estivo vinculada, entre outras cuestións, á xestión da taxa láctea ata a súa desaparición no 2015. A partir de entón, e coa entrada en vigor do "paquete lácteo" e da Lei de funcionamento da cadea alimentaria, realizou labores de control dos contratos alimentarios no sector lácteo durante cinco anos. Exerceu como veterinario clínico en gando vacún de leite dende 1994 ata 2007.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23969 {"title":"Juan José Cerviño Varela toma posesión como novo director xeral da PAC e do control da cadea alimentaria","published_date":"2024-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887408\/240430_pac_17c.jpg","id":"23969"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23969-juan-jose-cervino-varela-toma-posesion-como-novo-director-xeral-da-pac-e-do-control-da-cadea-alimentaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.