Diego Calvo pon en valor o auxe da vela galega con novas promesas ás que augura éxitos olímpicos

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Campionato Mundial Xuvenil de Vela, que reunirá o próximo xullo en Vilagarcía de Arousa centos de profesionais e afeccionados desta disciplina
  • Destacou o compromiso da Xunta a través do apoio á Real Federación Galega de Vela ou no mantemento do Centro Galego de Vela

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 30 de abril de 2024.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe xunto o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa,  á presentación do Campionato Mundial Xuvenil de Vela, que do vindeiro 14 ao 21 de xullo reunirá no Centro Galego de Vela de Vilagarcía de Arousa máis de 300 regatistas de 120 equipos de máis dunha vintena de países. A competición acollerá probas das clases olímpicas 49er, 49erFX e Nacra 17 e contará coa participación dos mellores regatistas a nivel mundial na modalidade júnior que, segundo augurou Diego Calvo, representarán aos seus países en próximos Xogos Olímpicos.

Nesta liña, aproveitou para felicitar a Tamara Echegoyen polas que serán as súas cuartas Olimpíadas en París este ano -só superada polas sete de Teresa Portela en piragüismo- e incidiu en que os representantes galegos no Mundial de Vilagarcía traerán no futuro "moitos éxitos olímpicos a Galicia".

O próximo xullo en Vilagarcía competirán na clase 49er Jaime Wizner e Pablo Llorens e na 49erFX Stella Enríquez e Claudia Sobral. Cada un deles formará parella con outros tripulantes non galegos.

Diego Calvo fixo un breve repaso polo historia da vela galega destacando fitos como o primeiro regatista galego en competir nuns Xogos Olímpicos, Alfredo Vázquez en Barcelona 92, así como as medallas de ouro de Antón Paz e Fernando Echávarri en Pequín 2008 e as de Sofía Toro e Támara Echegoyen en Londres 2012 ou o bronce de Nico Rodríguez en Toquío 2020. Destacou que deportistas coma eles son o espello das xeracións novas que os ven como referentes, entre eles os participantes galegos no Mundial Xuvenil de Vela de Vilagarcía. 

O conselleiro de Deportes salientou ademais a importancia de que Vilagarcía de Arousa se converta nun referente para a elite dos deportes náuticos ao acoller de novo unha competición internacional, que se suma a outras como o Europeo xuvenil de 49er en 2017 ou o Júnior de 420 e 470 en 2019. Por iso agradeceu á Real Federación Galega de Vela o traballo realizado para que Galicia volva ser sede dunha competición internacional, ás que se suman os campionatos nacionais das clases máis importantes de vela lixeira.

Diego Calvo engadiu que nos triunfos da vela galega ten especial importancia o Centro Galego de Vela, un dos centros satélites do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra e de referencia tanto para os regatistas galegos como doutras comunidades nos seus adestramentos. A Xunta apoiou con máis de 2,1 millóns de euros a creación destas instalacións inauguradas en 2010 e desde entón mantén unha partida anual ao seu mantemento. No que se refire ao apoio á vela por parte do Goberno galego,  a contía ascende a máis de 6 millóns de euros desde 2009, incluíndo a contía anual ao convenio coa Real Federación Galega de Vela, que neste exercicio supera os 305.300 euros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23964 galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23964-diego-calvo-pon-valor-auxe-da-vela-galega-novas-promesas-as-augura-exitos-olimpicos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.