Román Rodríguez enxalza a traxectoria do Colexio CPI Ramón Piñeiro por ser "a canteira de talento de toda Láncara"

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional participa nos actos conmemorativos do 50º aniversario do centro
  • A Xunta de Galicia comprométese a seguir traballando para garantir unha educación de calidade nas zonas rurais cuxo impacto "transcenda do meramente educativo"

Láncara (Lugo), 30 de abril de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe nos actos conmemorativos do 50º aniversario do Colexio CPI Ramón Piñeiro, ao que se referiu como a "canteira de talento de toda Láncara grazas aos moitos anos de traballo e dedicación tanto do alumnado como do equipo docente".

O representante da Xunta, encargado de descubrir a placa conmemorativa dos 50 anos de vida do centro, considera que chegar ás cinco décadas de vida é un "reflexo de madurez, consolidación, experiencia e oportunidade de seguir aprendendo". Neste senso, lembrou o compromiso do Goberno galego para garantir unha educación de calidade nas zonas rurais e ampliar o impacto destes centros que transcende do meramente educativo "e entra de cheo na memoria persoal, pois é un punto de encontro que se vai herdando de xeración en xeración".

Reencontro cun dos seus mestres

O titular de Educación fixo unha mención especial a Xurxo Rodríguez, docente veterano do centro que se xubila este ano e que foi, ademais, profesor do propio conselleiro. "Se eu cheguei a ser o que son hoxe en día foi precisamente pola formación que recibín e polo moito que aprendín na miña etapa de estudante", dixo, recordando a Xurxo Rodríguez como un "mestre cos que ampliei a miña visión do mundo".

"De seguro que, nestes 50 anos, son milleiros os ex-alumnos do Ramón Piñeiro que botan a vista atrás e agradecen o traballo dese docente que os acompañou e inspirou, como eu lle agradezo a Xurxo", asegurou Román Rodríguez, que aplaudiu o esforzo de toda a comunidade educativa por "saber transformarse e enfrontarse aos desafíos con cada nova xeración de alumnos".

Durante a súa visita, Román Rodríguez tamén visitou as instalacións do CPI Ramón Piñeiro,  un centro que conta con máis de 200 estudantes e que é unha referencia e un exemplo da igualdade de oportunidades para o alumnado do rural pola súa participación en programas de innovación, vida activa, deporte e linguas como o Edixgal, o club de ciencia ou a sección bilingüe.

Así mesmo, firmou o libro de honra e coñeceu máis da traxectoria do centro a través dunha exposición fotográfica que recompila os grandes momentos que  viviron as distintas xeracións de Láncara neste colexio público integrado.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23962 {"title":"Román Rodríguez enxalza a traxectoria do Colexio CPI Ramón Piñeiro por ser \"a canteira de talento de toda Láncara\"","published_date":"2024-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887408\/20240430+Lancara1.jpg","id":"23962"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23962-roman-rodriguez-enxalza-traxectoria-do-colexio-cpi-ramon-pineiro-ser-canteira-talento-lancara https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.