Ana Ortiz destaca que o turismo é unha "prioridade" para a Xunta e compromete o apoio para "modernizar e actualizar" o sector en Vigo

Imagen del artículo Ana Ortiz destaca que o turismo é unha prioridade para a Xunta e compromete o apoio para modernizar e actualizar o sector en Vigo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial da Xunta mantivo este martes unha xuntanza coa directiva da Asociación de Hostalería de Vigo (Ahosvi)

Vigo, 30 de abril de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este martes unha xuntanza de traballo coa directiva da Asociación de Hostalería de Vigo (Ahosvi) na que comprometeu o apoio do Goberno galego ao sector turístico na cidade. Durante a reunión a representante autonómica puxo de manifesto que o sector é unha "prioridade" e avanzou que se manterán as axudas para "actualizar, modernizar e informatizar" negocios e establecementos na cidade.

"Na Xunta temos moi claro que o turismo é estratéxico en Vigo e que o Xacobeo do ano 2027 será unha nova oportunidade, polo que temos que estar preparados", sinalou a delegada territorial. Neste sentido, Ortiz incidiu na evolución que presenta o Camiño da Costa ao seu paso pola área viguesa, cun crecemento exponencial que duplica as cifras cada ano que pasa.

Ademais, lembrou o acerto da Xunta de Galicia cando decidiu dotar a Vigo cun albergue de peregrinos no céntrico barrio do Berbés. "A día de hoxe é un aliciente para os camiñantes, que elixen o establecemento da cidade e poden así visitar o noso Casco Vello", apuntou.

Ana Ortiz tamén explicou á directiva de Ahosvi que a Administración autonómica seguirán apoiando os grandes eventos que permitan promover o turismo en Vigo e a súa área. Así, puxo como exemplo os concertos no Porto de Vigo ou en Balaídos, citas como as regatas internacionais de vela, entre elas a Iacobus Maris, competicións de baile como Vigo Porté ou gastronómicas como Gastromovida.

Na reunión estiveron presentes o presidente de Ahosvi, Iván Sánchez; o vicepresidente, Daniel Provezza; os vogais Brais Rodríguez, Beatriz González e Jaime Garrido, e a secretaria, María Fernández.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23960 {"title":"Ana Ortiz destaca que o turismo é unha \"prioridade\" para a Xunta e compromete o apoio para \"modernizar e actualizar\" o sector en Vigo","published_date":"2024-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887408\/20240430+Ahosvi.jpg","id":"23960"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23960-ana-ortiz-destaca-turismo-e-unha-prioridade-xunta-e-compromete-apoio-modernizar-e-actualizar-sector-vigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.