A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias fronte aos riscos psicosociais do seu labor

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada da Garda Civil (AUGC) co apoio do Parlamento de Galicia

Ourense, 30 de abril de 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou hoxe na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, onde destacou a importancia da sensibilización entre o persoal das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencia fronte aos riscos psicosociais do seu labor.

 

Nesta liña referiuse á necesidade de impulsar accións formativas e divulgativas para afondar no apoio psicolóxico e no manexo do estrés, como a organizada hoxe polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada da Garda Civil (AUGC) co apoio do Parlamento de Galicia.

 

O director xeral incidiu na necesidade de dotar de recursos estes profesionais que no seu día a día se enfrontan a situacións cunha elevada carga emocional, como as intervencións en catástrofes e emerxencias. Santiago Villanueva sinalou que as administracións deben colaborar nesta formación e así o está a facer a Academia Galega de Seguridade Pública con cursos específicos sobre a materia. 

 

A clausura de SAUDEPOL estivo a cargo do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices. Dirixida a membros das forzas e corpos de seguridade, así como a persoal de emerxencias, contou coa asistencia de 140 profesionais que puideron seguir o contido de xeito presencial e en liña. O programa incluíu intervencións de diversos expertos para abordar a prevención do suicidio na rede de saúde mental, a comunicación de malas noticias e a prevención de riscos laborais na Policía Nacional e desde as asociacións e os sindicatos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23958 {"title":"A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias fronte aos riscos psicosociais do seu labor","published_date":"2024-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887408\/20240424DXEEISaudepol2.JPG","id":"23958"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23958-xunta-destaca-importancia-da-formacion-persoal-das-forzas-e-corpos-seguridade-e-dos-servizos-emerxencias-fronte-aos-riscos-psicosociais-do-seu-labor https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.