A Xunta de Galicia e Feiraco lanzan a XII edición do Certame de Microrrelatos para conmemorar as letras galegas entre a toda a sociedade

  • O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participa na presentación desta iniciativa que homenaxea a figura de Luísa Villalta e promove a lectura en galego
  • Establece dúas categorías de participación: a xuvenil -de 12 a 18 anos- e a de adultos, que se inclúe como novidade este ano
  • As persoas participantes poderán enviar os seus orixinais en galego ata o 18 de maio

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e a empresa galega láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, botan a andar a XII edición do Certame de Microrrelatos para celebrar o Día das Letras Galegas entre toda a sociedade incentivando o pensamento creativo e a lectura en lingua galega.

No acto de presentación, que tivo lugar esta mañá na libraría compostelá Follas Novas, participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen salientou a novidade desta edición, que inclúe, por primeira vez, a participación do público adulto "pero sen deixar de lado a mocidade, na cal radica o futuro da nosa lingua e a que alentamos sempre a soñar, crear e imaxinar na lingua propia igual que no seu día fixo Luísa Villalta".

Canda o representante autonómico tamén participaron o director xeral de CLUN, Juan Gallástegui; a directora do departamento de Márketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey; o fundador da libraría Follas Novas, Rafael Silva, e a comunicadora Esther Estévez, e madriña desta iniciativa.

Certame aberto á sociedade

Esta nova edición establece dúas modalidades de participación, unha para alumnado de secundaria (a partir de 12 anos) e outra para adultos (de 18 anos en diante).

Na categoría xuvenil, o profesorado responsable dos centros educativos deberá seleccionar o mellor relato de cada curso e presentalo en formato pdf, xunto co formulario que aparece na web: http://leiteratura.feiraco.es/

O prazo de recepción dos traballos en ambas as dúas modalidades estará aberto ata o 18 de maio.

Os textos, que versarán sobre unha temática libre, serán orixinais, estarán escritos en galego e non poderán superar as 500 palabras. Ademais, deberán cumprir o requisito de comezar pola frase "Púxenme a escoitar", seleccionado dun texto de Villalta.

As bases completas para participar poden consultarse no Portal da Lingua Galega.

Os premios

O xurado do concurso, integrado por persoal da Secretaría Xeral da Lingua e da empresa láctea, valorará a orixinalidade, a creatividade, así como o coidado na redacción e o uso correcto da lingua galega.

Tanto nunha coma noutra categoría establécense tres premios. A persoa a quen se lle conceda o primeiro premio recibirá un lote de produtos Feiraco, un ano de libros en galego e o regalo da vaca suxeitalibros; a galardoada co segundo levará un lote de produtos Feiraco e un ano de libros en galego, e quen gañe o terceiro será agasallado cun lote de produtos Feiraco e unha selección de libros de Luísa Villalta.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23951 {"title":"A Xunta de Galicia e Feiraco lanzan a XII edición do Certame de Microrrelatos para conmemorar as letras galegas entre a toda a sociedade","published_date":"2024-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23951"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23951-xunta-galicia-e-feiraco-lanzan-xii-edicion-do-certame-microrrelatos-conmemorar-as-letras-galegas-sociedade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.