A Xunta amplía a colaboración co Consello da Avogacía Galega para a prestación de asesoramento, intermediación e orientación xurídica en materia de vivenda

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O acordo de cooperación inclúe como novidade un servizo de intermediación entre as persoas en situación de vulnerabilidade económica que están en risco de perder a súa vivenda habitual e grandes tenedores
  • O obxectivo deste convenio é ofrecer asesoramento xurídico en materia de vivenda nos casos non incluídos na asistencia xurídica gratuíta e quenda de oficio
  • Os cidadáns poden acceder a un servizo gratuíto e personalizado que lles permite coñecer os programas existentes para evitar a perda da súa vivenda, así como para facer fronte a eventuais situacións de ocupación ilegal

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2023

A Xunta amplía a colaboración co Consello da Avogacía Galega (CAG) para a prestación dun servizo de asesoramento, intermediación e orientación xurídica en materia de vivenda.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou hoxe co presidente do Consello da Avogacía Galega, Augusto Pérez-Cepeda un novo convenio de colaboración. No acto administrativo de formalización deste acordo participaron tamén o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, o decano do Colexio da Avogacía de Santiago, Francisco Rabuñal, e o secretario técnico do  Consello da Avogacía. Sergio Aramburu.

Tal e como recolle o convenio subscrito, a Xunta, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, dá continuidade á relación que a Xunta mantén desde o ano 2020 co Concello da Avogacía Galega, ampliando a mesma, coa implantación dun novo servizo de intermediación nos casos de desafiuzamento, entre persoas en situación económica vulnerable que están en risco de perder a súa vivenda habitual, cando é propiedade de grandes tenedores.

A Xunta ten en marcha varios programas dirixidos a facilitar o acceso á vivenda aos colectivos con maiores necesidades, todos eles recollidos no Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025, asinado polos representantes das entidades integrantes do pleno do Observatorio da Vivenda de Galicia.  Neste pacto recóllense as liñas de actuación pública na materia, que constitúen un instrumento de planificación das políticas públicas neste eido na comunidade autónoma.

Entre as diferentes solucións habitacionais figuran: a promoción e adxudicación de vivenda de promoción pública; o impulso á vivenda protexida; as axudas á adquisición de vivendas; así como os programas de avais para a mocidade, de mobilización de vivendas baleiras e o bono de alugueiro social, dirixido aos colectivos máis vulnerables, que cobre o 100 % da renda.

Con este convenio, a Xunta quere, ademais, ofrecerlles aos cidadáns un asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda, que non estean comprendidos nas actuacións propias do servizo de asistencia xurídica gratuíta e quenda de oficio.

Así, ponse á disposición dos cidadáns unha serie de servizos personalizados que permitan á cidadanía coñecer os programas existentes para evitar perder a súa vivenda, ou facer fronte a eventuais situacións de ocupación ilegal dos seus inmobles.  

Deste xeito, baixo acordo asinado hoxe desenvolverase a atención ás consultas das persoas en situación de desamparo en risco de perda da súa vivenda habitual ou, no seu caso, orientación para acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como  ás de persoas propietarias afectadas por unha intrusión non consentida nas súas vivendas.

A estes servizos engádese agora, como novidade, o servizo de intermediación en materia de desafiuzamento, entre persoas vulnerables economicamente en risco de perder a súa vivenda habitual, propiedade de grandes tenedores, de acordo co previsto na Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda.

A este respecto, a Lei introduce a obriga da acreditación da tramitación dun procedemento de conciliación ou intermediación, como requisito previo para a admisión das demandas na que se pretenda a recuperación da posesión dunha finca, nos supostos nos que a parte demandante sexa gran tenedor de vivendas, o inmoble obxecto de demanda constitúa a vivenda habitual da persoa ocupante e esta se atope en situación de vulnerabilidade económica.

Tamén no marco deste convenio, realizarase un informe, que será remitido trimestralmente á Xunta, coas consultas atendidas desde o Consello da Avogacía Galega, tanto en materia de perda de vivenda como de ocupación ilegal, con especificación, neste último caso, da localidade, rúa e número de vivendas ocupadas.

O Goberno galego financiará o servizo de intermediación, facéndose cargo do importe que lle correspondería pagar á persoa ocupante da vivenda en situación de vulnerabilidade económica. O procedemento desenvolverase nunha sesión inicial informativa e unha ou máis sesións  subseguintes ata a consecución do acordo ou ata que a posibilidade do acordo quedara descartada.

O marco do convenio

En concreto, baixo este convenio, o Consello da Avogacía Galega asume a obriga de orientación en todos aqueles aspectos referidos a trámites de carácter administrativo e xudicial no ámbito relacionado cos dereitos e obrigas das persoas en risco de perder a súa vivenda como consecuencia dun procedemento de execución hipotecaria, polo impago da renda de aluguer ou por calquera outra circunstancia imprevista ou sobrevida, sempre que esta vivenda constitúa o seu domicilio habitual e permanente.

Prestará asesoramento sobre a existencia do Programa de atención ás persoas en risco de desafiuzamento, para aos efectos da posta en marcha do protocolo de actuación existente entre o dito programa e o Instituto Galego de Vivenda e Solo.

A través dos seus servizos orientará ás persoas físicas propietarias ou usufrutuarias que se vexan afectadas por intrusión non consentida en vivendas, para que saiban como actuar nestas situacións.

Tamén se prestará o novo servizo de intermediación en materia de desafiuzamento, de acordo coa Lei polo dereito á vivenda, entre persoas en risco de perder a súa vivenda e grandes tenedores a través do seu Instituto Galego de Mediación e Arbitraxe e os colexios da avogacía de Galicia, a través dos seus respectivos servizos de mediación.

A coordinación e organización deste asesoramento será a cargo do Consello da Avogacía e realizarase por medio dos profesionais dos colexios da avogacía de Galicia.

Os servizos de asesoramento atenderanse a través dun sistema de consultas en liña e dun número 900.

O convenio asinado hoxe pola titular da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas suporá un investimento da Xunta de 54.600 euros e terá vixencia desde o día seguinte da súa sinatura e ata finais deste ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23950 {"title":"A Xunta amplía a colaboración co Consello da Avogacía Galega para a prestación de asesoramento, intermediación e orientación xurídica en materia de vivenda","published_date":"2024-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887408\/240430_Vivenda_01x.jpg","id":"23950"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23950-xunta-amplia-colaboracion-co-consello-da-avogacia-galega-prestacion-asesoramento-intermediacion-e-orientacion-xuridica-materia-vivenda https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.