A Xunta reúne os equipos directivos dos centros que imparten FP para abordar as novidades da nova ordenación destas ensinanzas en Galicia

  • Ante os retrasos do Goberno central, a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, avanzoulles os pasos a nivel autonómico para organizar o vindeiro curso 
  • Para seguir afianzando o modelo de éxito, Galicia vai duplicar o inglés e reforzar a formación en empresa, mantendo as funcións e horario do profesorado nos centros

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de reunir aos equipos directivos dos centros públicos que imparten ensinanzas de Formación Profesional para avanzarlles os pasos que está dando a Administración autonómica para organizar o vindeiro curso escolar, ante os continuos retrasos do Goberno do Estado.

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, mantivo unha xuntanza de traballo cun total de 180 responsables docentes para explicarlles a nova ordenación da FP na que está traballando a Consellería, co único obxectivo de "afianzar o modelo de éxito galego" nunhas ensinanzas que actualmente cursan 64.570 persoas, un 85% máis ca no curso 2008/09.

Así pois, a partir do vindeiro curso 2024-25, a Formación Profesional galega contará co dobre de formación en inglés do marcado como mínimo na normativa estatal. Outra das novidades é o reforzo da formación en empresa, que poderá acadar as 700 horas, o que supón ata un 82% máis con respecto as actuais.

A directora xeral destacou que, malia isto, se mantén a formación en centros, polo que se van manter as funcións e horario do profesorado, tendo en conta ademais que na lei estatal tamén se establece a incorporación de novos módulos en substitución doutros.

Todo isto recollerase na futura orde de regulación da FP galega, un texto normativo que, tal como lles explicou Eugenia Pérez aos representantes dos centros educativos, está elaborando xa a Consellería de Educación ante as demoras continuas do Goberno central que impiden que a tramitación vía decreto estea lista para o inicio de curso.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23949 {"title":"A Xunta reúne os equipos directivos dos centros que imparten FP para abordar as novidades da nova ordenación destas ensinanzas en Galicia","published_date":"2024-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23949"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23949-xunta-reune-os-equipos-directivos-dos-centros-imparten-fp-abordar-as-novidades-da-nova-ordenacion-destas-ensinanzas-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.