A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na Avenida de Zamora, no Concello de Ourense

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As intervencións supoñen un investimento autonómico de case 50.000 € e están a comezar á altura do número 143 desta avenida integrada na trama urbana, para desenvolverse ao longo dunha lonxitude duns 270 metros
  • Fresaranse 16.200 m2 de pavimento, que se reporán cunha nova capa de rodaxe de 5 centímetros de espesor
  • Os traballos executaranse ao longo da xornada de hoxe e de mañá, deixándose pasar uns días de asentamento do pavimento para a disposición da sinalización horizontal
  • A Xunta segue traballando para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e garantir a seguridade viaria

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024

A Xunta vén de comezar as obras de reforzo do firme na Avenida de Zamora, no concello de Ourense.

Os traballos, adxudicados á empresa Misturas Obras e Proxectos S.A., por un investimento que rolda os 50.000 €, céntranse no treito final deste avenida da rede viaria autonómica, integrada na trama urbana da cidade, que presenta unha capa de rodaxe deteriorada.

As actuacións de acondicionamento localizado do firme executaranse ao longo da xornada de hoxe e de mañá, deixándose pasar uns días para o asentamento do pavimento para a posterior disposición da nova sinalización horizontal.

A actuación está a iniciarse á altura do número 143 da Avenida de Zamora, e desenvolverase ao longo dunha lonxitude duns 270 metros e unha anchura media de calzada de 12 metros.

En concreto, fresaranse 16.200 m2 de pavimento, que se reporán cunha nova capa de rodaxe de 5 centímetros de espesor.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando este ano 53M€ á súa conservación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23943 {"title":"A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na Avenida de Zamora, no Concello de Ourense","published_date":"2024-04-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887405\/Avenida+Zamora_1.jpeg","id":"23943"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-29/23943-xunta-inicia-as-obras-reforzo-do-firme-na-avenida-zamora-concello-ourense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.