A Xunta aborda coa AECT Rio Minho para abordar os proxectos en marcha en materia de cooperación transfronteiriza

Imagen del artículo A Xunta aborda coa AECT Rio Minho para abordar os proxectos en marcha en materia de cooperación transfronteiriza

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse cos responsables desta entidade de cooperación, no marco da rolda de contactos coas distintas AECTs da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Valença do Minho (Portugal), 29 de abril de 2024

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho.

 

Xunto co director xeral, asistiron o director da AECT Rio Miño e alcalde da Guarda, Roberto Álvarez; o vicedirector e alcalde de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira; o presidente da CIM Alto Minho e alcalde de Melgaço, Manoel Batista, e os alcaldes de Salvaterra, Marta Valcárcel, de As Neves, José Manuel Alfonso e de Tui, Enrique Cabaleiro. Ademais de tratarse temas de actualidade relacionados co funcionamento da institución, examináronse aspectos vinculados coa cooperación transfronteiriza co obxectivo de mellorar as condicións e a calidade de vida da cidadanía das zonas limítrofes, potenciando as relacións entre territorios.

 

Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste  tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca, que xunto coa AECT Galicia-Norte de Portugal, comprenden todas as AECTs da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

 

Mentres que a GNP-AECT comprende toda a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, as outras AECTs son de carácter mais local. A AECT Chave-Verín abrangue estes dous concellos, e a nova AECT toma como base a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés e incluirá toda a raia seca entre a AECT Río Miño e a AECT de Chaves-Verín.

 

As Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (AECT) buscan impulsar a cooperación territorial, en especial aquela de carácter transfronteirizo, entre institucións de dous ou mais países, dotándoas de personalidade xurídica. O seu obxectivo fundamental é facilitar e promover a cooperación territorial entre os seus membros a través de, entre outras, as accións que lle sexan confiadas para a execución de programas ou de proxectos cofinanciados principalmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o Fondo Social Europeo, ou o Fondo de Cohesión.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23936 {"title":"A Xunta aborda coa AECT Rio Minho para abordar os proxectos en marcha en materia de cooperación transfronteiriza","published_date":"2024-04-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887405\/20240429DXREEReunionAECTRioMinho.jpeg","id":"23936"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-29/23936-xunta-aborda-coa-aect-rio-minho-abordar-os-proxectos-marcha-materia-cooperacion-transfronteiriza https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.