Patrimonio cultural autoriza a reforma da Avenida de Madrid solicitada polo Concello de Vigo en marzo

  • A Dirección Xeral comunicou ao Concello de Vigo a resolución favorable á petición realizada o pasado 1 de marzo

Vigo, 29 de abril de 2024

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, vén de comunicar este luns ao Concello de Vigo a autorización do proxecto de construción da remodelación da Avenida de Madrid que solicitada o Goberno municipal o pasado mes de marzo.

O departamento autonómico responde así á solicitude para levar a cabo a reforma da avenida de Madrid, tramo da autovía A-55 entre a Praza de España e a intersección en glorieta partida coa rúa Gandarón. A resolución explica que na contorna de protección existen varios elementos catalogados (Pazo, Xardíns e Capela de San Roque, Policlínico Cíes, Colexio Fogar e Pazo da Raposeira-Lameiro), polo que lembra que as intervencións que se realicen "resultarán harmoniosas coas condicións características do ámbito".

Así, o informe de arquitectura engade que "deberán procurar a súa integración en materiais, sistemas construtivos, volume, tipoloxía e cromatismo, así como garantir a contemplación adecuada do ben catalogado".

Ademais, segundo explica a resolución respecto do informe técnico arqueolóxico, o ámbito da actuación "está fora de contornos de protección de xacementos arqueolóxicos coñecidos e próximos". Desta maneira, Patrimonio Cultural afirma que "conforme ao exposto e desde o punto de vista arqueolóxico non hai impedimento na execución" do proxecto presentado o 1 de marzo de 2024. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23929 {"title":"Patrimonio cultural autoriza a reforma da Avenida de Madrid solicitada polo Concello de Vigo en marzo","published_date":"2024-04-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23929"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-29/23929-patrimonio-cultural-autoriza-reforma-da-avenida-madrid-solicitada-polo-concello-vigo-marzo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.