A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da protección de incendios do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

  • A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución de catro meses 

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024

A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra de conservación, reparación e renovación da instalación de protección de incendios do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) por un importe superior aos 257.000 euros. A estimación é que a actuación poidan comezar en setembro cun prazo de execución de catro meses.

As empresas interesadas en optar ao contrato dispoñen de 26 días naturais, ata o 27 de maio, para presentar as ofertas a través  do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), no enderezo electrónico www.conselleriadefacenda.es/silex. Deste xeito, a adxudicación produciríase a finais de xullo e a formalización do contrato a comezos de agosto.

A iniciativa enmárcase na aposta do Goberno galego polas infraestruturas deportivas de Galicia para garantirlles aos deportistas unhas instalacións seguras e confortables. Así, neste ano investiranse 17,5 millóns de euros en melloras nestes espazos.

Nesta liña, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, situado en Pontevedra, é un referente ao acoller o deporte de alto nivel e ser o centro de tecnificación que conta con máis especialidades a nivel nacional. Cun orzamento anual de 3 millóns de euros, dispón ademais como satélites do Complexo de Regatas de Verducido e do Centro Galego de Vela, ademais dos oito Núcleos de Adestramento Deportivo Especializado (NADE).

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23925 {"title":"A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da protección de incendios do Centro Galego de Tecnificación Deportiva","published_date":"2024-04-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23925"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-29/23925-xunta-destina-mais-257-000-renovacion-da-instalacion-da-proteccion-incendios-do-centro-galego-tecnificacion-deportiva https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.