A Xunta organiza en Ribadavia o II Congreso Nacional da Escola Rural para reivindicar o seu papel na sociedade

Imagen del artículo A Xunta organiza en Ribadavia o II Congreso Nacional da Escola Rural para reivindicar o seu papel na sociedade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Esta cita conta coa colaboración da Fundación Princesa de Girona, Mórula Asociación Educativa e a Asociación de Mestres de Colexios Rurais Agrupados de Galicia
  • A cita, que acollerá conferencias, paneis e exposicións de proxectos, pretende ser un punto de encontro de profesionais para impulsar o ensino rural

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2024

A Xunta de Galicia organiza o II Congreso Nacional da Escola Rural, que se desenvolverá o vindeiro 3 de maio en Ribadavia. Unha cita que conta coa colaboración da Fundación Princesa de Girona, Mórula Asociación Educativa e a Asociación de Mestres de Colexios Rurais Agrupados de Galicia.

A cita, que pretende ser un punto de encontro para quen conforma a comunidade educativa rural, está dirixido principalmente ao profesorado de toda España, axentes das administracións educativas e expertos no ámbito do ensino rural. Deste xeito, a cita permitirá reivindicar o traballo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP na integración da escola rural como axente clave do seu tecido educativo, do seu papel como vertebrador da sociedade e da cohesión territorial e familiar, así como da aposta pola innovación e a integración en todas as dimesnións da ensinanza galega.

Programa do congreso

O programa, que inclúe conferencias, paneis, exposicion de proxectos educativos e a difusión de boas prácticas, comezará coa conferencia Patróns e compromiso coa escola rural da profesora da Universidade de Zaragoza Pilar Abós.

Ao longo da mañá, os participantes no Congreso Nacional da Escola Rural poderán asistir á presentación Escola rural vs escola urbana en Galicia da man do secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Manuel Vila. Tamén se desenvolverá a mesa redonda Presente e futuro da escola rural, elementos de sustentabilidade coa presenza de representantes da Fundación Princesa de Girona, da Universidade da Coruña e das comunidades autónomas de Aragón, A Rioxa e Extremadura, coordinada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta, Jesús Álvarez. A xornada matinal rematará cun panel de expertos sobre a escola rural en Galicia con directores de centros galegos de diferentes etapas e tipoloxías.

A xornada continuará cunha feira para promocionar os centros educativos rurais galegos, seguindo pola tarde con talleres e proxectos de boas prácticas e experiencias. Os asistentes ao congreso poderán coñecer obradoiros de espazos de centros e aprendizaxe, coidado do benestar, atención á diversidade, innovación e internacionalización, entre outros. Ademais, daranse a coñecer proxectos de aulas multigrado, de metodoloxías activas, inclusión, dixitalización, internacionalización e o Programa Xeración Docente, entre outros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23917 {"title":"A Xunta organiza en Ribadavia o II Congreso Nacional da Escola Rural para reivindicar o seu papel na sociedade","published_date":"2024-04-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887196\/20210909_infantil_coiros_011.jpg","id":"23917"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-28/23917-xunta-organiza-ribadavia-ii-congreso-nacional-da-escola-rural-reivindicar-seu-papel-na-sociedade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.