A Xunta avanza no desenvolvemento de solucións innovadoras para a xestión das comunidades enerxéticas nas aldeas de Galicia

  • A licitación foi promovida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a principios de 2024, despois dun proceso de Consulta Pública ao Mercado iniciado en 2021, e forma parte da estratexia de Aldeas Intelixentes financiada polo Goberno autonómico
  • O importe licitado é de algo máis de 1 millóns de euros e conta cun un prazo de execución de 18 meses
  • As aldeas modelo serán os lugares de experimentación destas propostas, orientadas a mellorar a calidade de vida dos núcleos rurais, axudando a frear o despoboamento, a dinamizar a súa economía e loitar fronte ao cambio climático e os incendios

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2024 A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, está impulsar novas ferramentas e técnicas para  mellorar a optimización dos recursos agrarios e a xeración de actividades económicas no medio rural, así como a configuración de espazos que ofrecen calidade de vida e unha contorna favorable para emprender e residir no rural. Para levalo a cabo, estanse a utilizar os instrumentos configurados ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria, que entrou en vigor en maio de 2021.

Esta iniciativa está enmarcada dentro das prioridades e responsabilidades da Axencia, centradas, neste caso, en artellar proxectos de desenvolvemento rural con carácter piloto e innovador, destinados a reforzar a base produtiva das áreas rurais, poñer en valor os seus recursos e mellorar a calidade de vida.

Aldeas Intelixentes, Solucións de futuro para aldeas sostibles é un proxecto que persigue obter solucións innovadoras que permitan impulsar a recuperación dos núcleos rurais co fin de potenciar os grandes valores destas áreas e proporcionar aos actores locais as ferramentas para aproveitar o seu potencial, contribuíndo así aos grandes retos que afronta o rural, como son a seguridade alimentaria, o declive demográfico ou o cambio climático.

Esta iniciativa comezou a súa andaina no ano 2021 e a Consellería do Medio Rural optou por levar a cabo unha Consulta Pública ao Mercado, debido ao elevado carácter innovador da solución que se desexaba e ao non haber medidas existentes que se puideran adaptar ao seu obxectivo.

Unha vez identificadas posibles solucións, decidiuse desenvolver a licitación mediante Compra Pública de Innovación, que fomenta a colaboración público-privada, para achegar ao mercado solucións innovadoras que non existen comercialmente.

No proceso de Consulta Pública ao Mercado identificáronse cinco temáticas nas que desenvolver soluciones innovadoras; dada a necesidade de dúas plataformas intelixentes -unha para a xestión de servizos no ámbito local e outra para a trazabilidade e a valorización dos produtos agroalimentarios e subprodutos das aldeas modelo-; así como un sistema de axuda á decisión para actividades agrarias e outro enerxético para aldeas modelo. Ademais, impulsarase a edificación e urbanización sostible.

Procura de financiamento

A elaboración do sistema enerxético integral para aldeas deu lugar ao contrato publicado en febreiro deste ano 2024, para o deseño dun modelo de comunidade enerxética aplicable a calquera aldea de Galicia. A Consellería do Medio Rural traballa na procura de máis financiamento, a través da liña de FID do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e doutros programas europeos e internacionais, para afrontar a totalidade dos retos identificados que forman parte da Estratexia de Aldeas Intelixentes.

Coa licitación para o desenvolvemento dunha solución integral para a xestión das comunidades enerxéticas en aldeas, que está en marcha cun orzamento de licitación de 1.179.750€ e un prazo de execución de 18 meses, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pretende deseñar un modelo único, modular e configurable de comunidade enerxética, aplicable a todas as aldeas pero que será instaurado nunha fase piloto nunha aldea modelo para a súa validación.

Propostas de licitación

Recibíronse un total de 10 propostas para esta licitación, na que participan un total de 20 empresas e entidades do sector da enerxía. O obxecto da licitación é definir o modelo técnico e tecnolóxico de comunidade enerxética, así como os posibles modelos de gobernanza en función do marco legal actual. Tamén se identificarán medidas concretas para a promoción e impulso económico das comunidades enerxéticas e se deseñará un Plan de dinamización e sensibilización para a promoción destas Comunidades Enerxéticas Locais.

O obxectivo final do proceso é implantar comunidades enerxéticas nas aldeas, xestionadas de maneira colaborativa para abaratar os custos enerxéticos, que acaden a autosuficiencia enerxética e que promovan o uso dos recursos locais como é a biomasa forestal ou os residuos agrarios.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23884 {"title":"A Xunta avanza no desenvolvemento de solucións innovadoras para a xestión das comunidades enerxéticas nas aldeas de Galicia","published_date":"2024-04-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23884"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-27/23884-xunta-avanza-desenvolvemento-solucions-innovadoras-xestion-das-comunidades-enerxeticas-nas-aldeas-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.