A X Xornada do Día das Letras Galegas achégalle a figura de Luisa Villalta ao profesorado encargado de divulgar a súa obra entre a rapazada

  • O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participa na apertura desta sesión formativa que contará co relatorio de varios expertos na autora coruñesa
  • Destaca a figura de Luísa, "quen desenvolveu unha escrita moi innovadora nas nosas letras ao explorar a relación entre a música e a literatura"

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou esta mañá na apertura da X Xornada do Día das Letras Galegas, organizada cada ano pola Secretaría Xeral da Lingua e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). O obxectivo desta sesión formativa, centrada na persoa homenaxeada nas Letras Galegas, é achegarlle a figura de Luísa Villalta ao profesorado encargado de divulgar a súa obra entre o resto da comunidade educativa durante este 2024.

Neste sentido, o titular de Cultura manifestou o seu agradecemento a todas as persoas participantes na xornada, tanto relatoras como asistentes, cuxa presenza "é testemuño da dedicación e interese polo labor que supón a educación". Respecto á homenaxeada este 17 de maio, José López destacou a figura de Luísa, "quen desenvolveu unha escrita moi innovadora nas nosas letras ao explorar a relación entre a música e a literatura, mais tamén unha escrita impregnada de feminismo, dun elaborado pensamento e froito da procura incesante da beleza da palabra".

No acto de apertura tamén participaron o secretario xeral da Lingua, Valentín García; a directora do CAFI, Eva López Becerra, e a irmá de Luísa, Susana Villalta.

Sesión formativa para o profesorado

A xornada constará de relatorios de especialistas na figura de Villalta, pero tamén do intercambio de experiencias de traballo dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) de diversos centros educativos, que compartirán materiais e recursos creados por eles mesmos.

Na primeira parte da sesión intervirán especialistas e coñecedores da vida e da obra da escritora homenaxeada. Con eles, os asistentes farán un percorrido polos diversos xéneros literarios: Marga do Val (poesía), Inma López Silva (narrativa), Manuel Naveira (ensaio) e Henrique Rabuñal (teatro). A mañá rematará co espectáculo Indóciles, un proxecto multidisciplinario en que a poesía, a música e a narración oral irán da man para explorar o mundo creativo de Luísa Villalta.

Xa pola tarde, participarán os centros gañadores do Concurso-exposición das Letras Galegas, impulsado pola Xunta entre os centros escolares, que presentarán as exposicións e as guías didácticas premiadas e outros materiais arredor da autora homenaxeada este 17 de maio.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23883 {"title":"A X Xornada do Día das Letras Galegas achégalle a figura de Luisa Villalta ao profesorado encargado de divulgar a súa obra entre a rapazada","published_date":"2024-04-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23883"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-27/23883-x-xornada-do-dia-das-letras-galegas-achegalle-figura-luisa-villalta-ao-profesorado-encargado-divulgar-sua-obra-rapazada https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.