O conselleiro de Cultura garante a implicación da Xunta de Galicia na difusión da figura e obra de Otero Pedrayo

  • José López Campos participa nas xornadas do Abril Oteriano, que se celebran hoxe e mañá no Liceo de Ourense, entidade coa que o Goberno galego está en proceso de sinatura dun convenio de colaboración de 30.000 euros para melloras neste inmoble

Ourense, 26 de abril de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, garantiu hoxe a implicación da Xunta en darlles pulo e difusión á figura e á obra de Otero Pedrayo, a cal erixiu como "unha das cumieiras da cultura galega de todos os tempos".

Así o salientou durante a súa participación na primeira das dúas xornadas do Abril Oteriano, organizadas na cidade de Ourense pola Fundación Otero Pedrayo, e ás que asistiu acompañado do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do delegado territorial da Xunta nesta provincia, Manuel Pardo.

O conselleiro de Cultura salientou que a figura de Otero Pedrayo está preservada e difundida por "unha das fundacións culturais máis relevantes de Galicia" e puxo en valor as xornadas como Abril Oteriano para "reforzala e proxectala". Neste senso, apuntou a que permitirá descubrir novas facianas, a través da participación de relatores de diferentes perfís, como académicos, investigadores e divulgadores.

López Campos argumentou na súa intervención que o papel das institucións públicas é manter viva esa memoria e promover a difusión da obra "de quen, sen dúbida, é un dos intelectuais galeguistas máis sobranceiros do século XX", aseverou. E con este obxectivo, defendeu a custodia da súa Casa Museo de Trasalba, no concello de Amoeiro (Ourense).

Precisamente, anunciou a visita en breve á sede da fundación no Pazo de Trasalba, no Concello de Amoeiro, para coñecer in situ un espazo "tan emblemático" da historia cultural de Galicia, e no cal "co esforzo de todos, das administracións públicas, entidades e persoas, estamos a darlle o pulo que a figura de don Ramón merece", incidiu.

Igualmente, o conselleiro amosou a súa satisfacción polo feito de que no programa destas xornadas figure a presentación do libro Rexistros no vento. Epistolario de Otero Pedrayo e Francisco Fernández del Riego, unha publicación que, segundo explicou, afonda na relación entre Otero e a figura a quen se lle dedicou o ano pasado o Día das Letras Galegas.

Convenio co Liceo de Ourense para melloras no inmoble

Finalmente, o conselleiro tivo palabras para o anfitrión das xornadas do Abril Oteriano, o Liceo de Ourense, entidade coa que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, segundo avanzou, está no proceso de sinatura dun convenio de colaboración por valor de 30.000 euros para axudar nas melloras "que tan necesarias son nestes inmobles".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23880 {"title":"O conselleiro de Cultura garante a implicación da Xunta de Galicia na difusión da figura e obra de Otero Pedrayo","published_date":"2024-04-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23880"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-26/23880-conselleiro-cultura-garante-implicacion-da-xunta-galicia-na-difusion-da-figura-e-obra-otero-pedrayo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.